Artigos de Lois Pérez Leira

Porque votaremos por Nos, candidatura galega?

Fun militante do BNG, mesmo candidato a concelleiro fai xa algúns anos, cando era alcalde da cidade de Vigo, Lois Pérez Castrillo. Logo con outros compañeiros por considerar as posicións desta organización como posibilistas, cando falaban de que non eran de esquerdas nin de dereitas -igual que agora Podemos- ou que o obxectivo quedábase en máis competencias para Galicia, decidín marcharme. Non era o meu lugar de militancia. Este posibilismo logo manifestouse no bipartito, que gobernou a Xunta de Galicia.

Xosé Neira Vilas “Ata a Vitoria sempre”

Hoxe tocábame chamar por teléfono pola mañá ao meu amigo Neira Vilas, o motivo era para invitalo a formar parte do Comité Galego que se está impulsando polo 50 aniversario da morte do Che Guevara. Desde fai varios meses tiñamos previsto que o filmaría, para contarme a súa etapa en Cuba, traballando ás ordes do Che. Tamén quedaramos de que me entregaría as copias das cartas, que o pai do Che don Ernesto Guevara Linch, deulle coa promesa de non difundilas mentres o vivise.

A guerra e a paz

"A guerra é a prolongación da política por outros medios. Esta famosa sentenza pertence a Clausewitz, un dos máis profundos escritores sobre temas militares. Os marxistas sempre consideraron esta tese, con toda razón, como a base teórica das ideas sobre a significación de cada guerra en particular. Xustamente desde este ponto de vista examinaron sempre Marx e Engels as diferentes guerras". [V. Lenin]

Mareas mortas

O movemento cidadanista en Galicia expresado especialmente nas Mareas, terminou mostrando o seu verdadeiro rostro. Todo indica que foi unha farsa, que entretiveron e ilusionado a centenares de militantes, coa promesa de novas formas democráticas e horizontais de facer política.

Independencia de Cataluña

O 9 de novembro pode converterse sen ningunha dúbida, nun día histórico para Catalunya e o resto dos pobos do Estado español. Ese día o seu parlamento dará o primeiro paso oficial, para declarar a independencia desta nación irmá.

Liberdade presos independentistas galegos

A detención dos nove simpatizantes da organización Causa Galicia, é unha nova provocación do Estado Neo franquista.

Deus é arxentino, o Papa tamén: As tres T

Despois do histórico discurso do Papa Francisco, o 9 de xullo deste ano, en Santa Cruz da Sierra (Bolivia), con motivo do encontro de movementos populares, os pobos do mundo teñen un novo programa de loita, simple, claro e transformador, que o Pontífice denomino “As Tres T”.

Por unha fronte ampla de esquerdas

Varias organizacións políticas e sociais realizaron un exitoso acto de confluencia da Esquerda, que se celebrou este 30 de setembro no Centro Cultural A Kúpula de Madrid.
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.