Artigos de X.A. Pérez-Lema

O roubo da luz

A suba xeralizada a nível do Estado do prezo da electricidade, por mor da nova tarifa no mercado regulado dende o 1 de xuño deste ano, o feito de producirmos na Galicia un 31% de enerxía superavitaria (descontando xa a queda enerxética das térmicas de Meirama-Cerceda (Naturgy) e As Pontes (Endesa), que exportamos ao resto do sistema estatal sen nos aproveitar de beneficio ningún e maila enxurrada de proxectos eólicos que non compensan nin ao País, nin aos propietarios nin ás comunidades locais polos seus custos ambientais, paisaxísticos e económicos (a produción eólica degrada e ás veces imposibilita a produción agrogandeira na súa área de proximidade) xeraron na Galicia a respecto da electricidade a treboada perfecta.

Actitudes supremacistas

Afirman varios empresarios hostaleiros galegos que, neste verán de 2021, multiplicáronse exponencialmente as queixas de seareiros por teren a carta ou ementa na nosa lingua. Seica non se adoita facer conflito no local, mais si adoitan relatar a experiencia cando chegan á fin da súa viaxe.

Vacinamento obrigatorio?

Hoxe é da máxima actualidade o debate sobre o vacinamento obrigatorio, tanto no que se refire á obriga directa, baixo sanción, como á indirecta, cando estaríamos suxeitos a importantes limitacións na súa vida pública de non nos vacinar.

A xustiza de Galicia rexeita o pasaporte Covid

Este venres 20-A coñeceuse o alicerzamento xurídico do auto da Sala de Ferias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do 14-A que rexeitou a autorización xudicial prevista no artigo 10.8 da Lei da Xurisdición Contencioso-Adminitrativa (LXCA) para a Orde da Consellaría de Sanidade do 13-A, que previa a obrigatoriedade do chamado “pasaporte Covid” (certificación de vacinamento ou de ter padecido a doenza nos últimos 180 días ou ben unha proba autorisada feita nas últimas 72 horas que reflicta negativo de Covid-19) para o interior dos establecementos de hostalería en concellos de risco alto e máximo.

Conciliarmos liberdade e saúde

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou este sábado 14-A a autorización que lle pediu a Consellería de Sanidade da Xunta para a vixencia da súa Orde de 13-A na que se obrigaba ás persoas usuarias do interior dos establecementos de hostalería nos concellos cualificados de risco alto e máximo a amosar, quer o certificado de vacinamento ou de ter padecido a doenza nos últimos 180 días, quer unha proba negativa de Covid-19 das 72 horas anteriores.

Medallas olímpicas galegas

Galicia acadou nas Olimpiadas de Tokio catro medallas en probas non colectivas (dúas pratas-unha delas con dous agasallados- e dous bronces).

Do prexuizo ao odio

O asasinato de Samuel Luiz na Coruña puxo no foco os delictos de odio e agravados polo odio, ao se amosar probábel que a homofobia fose determinante deste crime.

O noso Día Nacional

Acredito que todas as persoas somos cidadás do mundo. Mais, como xa escrebín hai anos nestas páxinas, o patriotismo non bate co universalismo, Para sermos persoas precisamos raíces e para pensarmos globalmente precisamos actuar localmente. Somos europeos e cidadáns e cidadás do mundo por sermos galegos.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.