Artigos de X.A. Pérez-Lema

A (I) lóxica antisistema

Case todos estamos dacordo que, na Europa actual, està a avanzar un capitalismo financeiro que tende liquidar todos os avances sociais obtidos despois de 1945 (no Estado despois do 1977) e que posibilitaron, co Welfare State e co Estado social e democrático de Dereito, a meirande liberdade e calidade de vida obtida na historia contemporànea universal. Tamèn compre recoñecer que moitos partidos socialdemócratas europeos non foron quen a parar esta onda, senòn que mesmo contribuiron à mesma, como os Blair e Zapatero de cadansùas derradeiras etapas.

A forza das candidaturas abertas

Percorre a nosa sociedade a necesidade de acadarmos a transparencia do sistema de representación e máis a rexeneración das estruturas políticas, o que conleva precisamente a adopción das candidaturas abertas, a elección dos candidatos en primarias abertas á cidadanía e mesmo a adopción de mecanismos de control,como a posibilidade de que a cidadanía poida instar,na metade do mandato do cargo representativo correspondente, un referendo que confirme ou revogue ao cargo eleito para o resto do mandato.

O reino de Galicia

A historiografía española desenvolveu, dende mediados do século XIX, unha liña de relato motivado en razóns políticas que minusvaloraba a importancia da historia de Galicia, considerada mero apéndice, primeiro de Asturias e León, despois de Castela.

Medo á luz

De cativos algún tiñan medo á escuridade e de maiores todos temos medo á luz. Ou, para sermos máis exactos, á factura da enerxía, que constitúe un grave abuso canto á súa contía e transparencia.

A filla casada do Rei

A declaración dun cidadán a xeito de imputado perante un Xulgado constitúe un acto garantista, onde somos informados dos feitos polos que se nos anda a investigar e se nos pregunta sobre eles.

Europa non é o problema

Falábamos hai días nesta coluna da decepción da cidadanía a respecto do proceso de integración europea, tendo en conta o seu déficit democrático, a falla de profundización na unidade política, a falla de control cidadán do Banco Central Europeo e ter adoptado unha unión monetaria sen establecer, ao tempo, un amplo Orzamento federal e a coordinación das distintas políticas fiscais.

Rajoy contra os autónomos

2014 trouxo malas novas para os autónomos. Principiou a vixencia do réxime de caixa do IVE para aqueles que o escollan, que supostamente cumpriría a promesa electoral do 2011 de que os autónomos e pemes só pagarían o IVE cando o desen cobrado. E non hai tal, porque o sistema é impracticábel, ao vencellar tamén ás empresas que pagan as facturas. Aturan de bo grao as grandes empresas que a súa peme provedora lles vincule en todas as súas relacións coa mesma? Xa saben a resposta. A opción polo réxime de caixa conleva na práctica o carimbo de “empresa problemática”. Velaí a inutilidade deste sistema, cando pola Europa adiante había exemplos abondo de sistemas operativos. Das resultas desta mentira, menos dun 8% dos 2,3 millóns de autónomos e pemes que poderían optar por este sistema ( restrinxido aos que facturan menos de 2M€ /ano) poderán usalo.

A decepción europea

A fins desta primavera vanse celebrar as eleccións ao Parlamento Europeo, prognosticándose unha moi baixa participación electoral e unha clara orientación do voto cara opcións de extrema dereita e da esquerda antisistema, manifestando deste xeito o rexeitamento da cidadanía europea á UE e aos seus efectos na vida cotián da cidadania europea. Semella, tamén, que este fenômeno será moito mais nidio nos Estados do sur da Europa.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.