O PP proporá a próxima semana ao Congreso dos Deputados que o Goberno pida á Comisión Europea unha auditoría independente por parte da Axencia de Cooperación dos Reguladores de Enerxía da UE dos sistemas eléctricos dos países afectados polo apagamento, para o esclarecemento completo das causas que estiveron na orixe desta situación.
  comenta   0
O Consello da Xunta analizou un informe sobre esta colaboración coa Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria (DX Sante) da Comisión Europea xunto co Ministerio de Industrias Primarias neozenlandés.
  comenta   0
O Partido Popular rexeitou coa súa maioría na Cámara galega a posta en marcha dunha auditoría externa, "a cargo de profesionais independentes", sobre as contratacións de emerxencia efectuadas pola Xunta durante a pandemia derivada da covid-19. "Mentres estabamos confinados, mentres xente arriscaba a súa vida traballando polos demais, había quen aproveitaba para facer negocio desa situación catastrófica", advertiu o BNG.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG demandou este venres unha auditoría sobre a compra de máscaras por parte da Xunta durante a pandemia. Sobre o caso 'Koldo' a nivel estatal e a situación do exministro socialista José Luís Ábalos, apelou a ser "implacables" fronte á corrupción.
  comenta   0