Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con María Esther Corral Díaz, filóloga e investigadora de Universidade de Santiago de Compostela (USC) que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "a Idade Media non foi unha época tan escura como a miúdo nos parece", tampouco para a muller, que gozaba de "máis liberdades das que se pensa".