O consumo intensivo de alcol en mozos pode causar danos persistentes no cerebro. O catedrático da USC Fernando Cadaveira analiza os seus efectos e alerta da necesidade dun cambio social para frear esta problemática: "Se non xeran o hábito de consumir alcol na adolescencia, probablemente o seu consumo adulto xa sexa moito máis moderado e lóxico".
  comenta   0
"Algúns estudos demostraron que falar máis dunha lingua ten beneficios á hora de atrasar os síntomas cognitivos da demencia até catro e cinco anos", apuntan investigadores. Un estudo da UOC analiza datos de 2.700 individuos, fillos de pacientes de Alzheimer, cedidos polo Barcelonaβeta Brain Research Center da Fundación Pasqual Maragall.
  comenta   0
Investigadores do CITMAga están a realizar con éxito ensaios clínicos nos hospitais universitarios de Santiago, Lugo e Pontevedra.
  comenta   0
Tras estar un ano e medio en terapia e ter superado o seu problema, escribiu o libro 'Fuera de juego', co que pretende axudar ás persoas que estean pasando por unha adicción ao xogo tan forte como a que viviu ela: chegou a gañar e perder 14.000 euros na mesma tarde.
  comenta   0
O investigador do CiMUS Jesús Requena charla co Galicia Confidencial sobre os prións e o seu risco para seres humanos e animais. Non foi ata 1982 cando se 'propuxo' a existencia dos prións, probada nos seguintes 20 anos. Da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ás vacas tolas, pasando pola actual 'enfermidade do cervo zombie' ou a tembladeira das ovellas.
  comenta   0
Alexander Dubra, óptico-optometrista, advirte de que "estamos vendo cada vez máis estudantes miopes e, ademais, chegan a nós xa cunha miopía maior que antes", algo que se ve motivado tamén polo feito de forzar aos ollos a ver de preto durante todo o tempo, tamén nos momentos de ocio, cos móbiles e as 'tablets'.
  comenta   0
O psicólogo experto en dependencia e profesor da UVigo, Manuel Isorna, asegura que fumar un porro hoxe en día equivale a fumar cinco consecutivos nos anos 90. "Se fai 20 anos un porro tiña un 5 % de droga, hoxe en día, despois de modificar xeneticamente a planta, conta cun 25 % de THC", advirte.
  comenta   0
A investigadora do CiMUS Ana Isabel Rodríguez Pérez explica que están tratando de identificar biomarcadores no sangue para poder detectar o párkinson antes do que se fai agora: cando o 50 % das neuronas ou, nalgúns casos, ata o 80 %, xa están mortas.
  comenta   0
Fai catro anos moitos organismos e institucións puxeron en marcha teléfonos de atención durante a crise do covid, todos querían axudar, pero o certo é que "houbo un problema de organización e coordinación". Así o considera a psicóloga Lourdes Fernández Márquez, que pide que, de cara a emerxencias futuras, sexan "os colexios profesionais os que dean promoción, organización e coordinación a este tipo de servizos de axuda".
  comenta   0
O EMDR é unha técnica de tratamento psicolóxico a través da que se realiza unha desensibilización e reprocesamento por medio de movementos oculares ou estimulación bilateral, pode ser moi eficaz para superar acontecementos traumáticos. A psicóloga do CHUAC Anabel González explica no I Congreso Nacional de Psicoloxía nas Emerxencias como os traumas poden paralizarnos e como se poden tratar.
  comenta   0
Desde o Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia reivindican a necesidade de revisións visuais periódicas como prevención. A súa presidenta, Esther Amaro, apunta a que o "80% da información que chega ao noso cerebro, faino a través dos ollos".
  comenta   0
José Manuel Jerez Aragonés, experto en minaría de datos participante no VI Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión celebrado en Vigo asegura que "o cambio está a ser tan rápido que plantexa profundos dilemas éticos". Dende Galicia Confidencial falamos con el para profundar nestes dilemas.
  comenta   0
O director xeral de Alborada Vigo asegura que en Galicia, polo momento, non hai incidencia desta droga que causou máis de 100.000 mortes nos Estados Unidos, e asegura que aquí "o fentanilo e a adicción ao mesmo sempre foi moi vinculado ao tema da dor". Con todo, pide estar alerta, pois o que sucede nos Estados Unidos "é algo que pode chegar aquí en calquera momento".
  comenta   0
O radón, un gas radioactivo natural con importante presenza en Galicia que se produce cando metais como o uranio ou o radio descompóñense nas rochas e o chan, é unha causa coñecida de cancro de pulmón e agora unha nova investigación realizada por científicos estadounidenses descubriu que a exposición a niveis elevados deste contaminante do aire en interiores asóciase cun maior risco de sufrir outra enfermidade en mulleres de mediana idade ou maiores que sofren ictus isquémico.
  comenta   0
Calcúlase que os trastornos mentais afectan a unha de cada catro persoas, polo que "son algo frecuente, pero afortunadamente tamén tratable", asegura a xefa do Servizo de Saúde Mental do Sergas, que anima a todas esas persoas que teñen problemas mentais ou impulsos suicidas a poñerse en contacto cos profesionais nos teléfonos 061 ou 024, onde recibirán unha axuda rápida.
  comenta   0