"A pesares de estar habilitado un desvío debidamente indicado, estamos a sufrir un tráfico de vehículos excesivo e a unha velocidade inapropiada, que pon en risco aos veciños, na súa maioría maiores de 60 anos e coa mobilidade reducida", denuncia Vanessa, unha veciña da aldea de Vilariño. Dende o Concello pedíronlles que teñan coidado ao saír da casa mentres duren as obras, é dicir, durante 2 ou 3 meses.
  comenta   0
En cinco días esborrallou unha ponte en Ourense, derrubouse parte dunha infraestrutura aberta hai menos dun ano na Coruña e un desprendemento pechou outra estrada en Ourense. A Xunta está utilizando fondos da UE para o cambio climático para tentar arranxar os derrubes nas estradas mentres apunta a motivos exóxenos a maior parte dos colapsos.
  comenta   0
Cae parte dunha ligazón da Vía Ártabra en Oleiros, inaugurada pola Xunta hai menos dun ano. A pasada semana caía unha ponte da OU-536 en Xunqueira de Espadanedo que Infraestruturas dixo que foi por "un defecto de construción do século XIX".
A derriba completa do inmoble, situado no número 37 da rúa Carlos III, é o paso previo á retirada do entullo, que durará dous días.
  comenta   0