Cada unha das empresas desenvolverá un proxecto diferente. Custom Implant realizará implantes a medida en casos de politraumatismo mediante o uso da impresión 3D, a Sociedade Psicoloxía Virtual empregará a realidade virtual para a rehabilitación de pacientes con dano cerebral.
  comenta   0
Antes será a quenda dos sanitarios. O Sergas prevé inocular esta vacina á vez que a dose de reforzo fronte á covid "sempre que sexa posible2.
  comenta   0
A ciencia e coñecemento sairán dos laboratorios e as aulas o vindeiro venres, 24 de setembro, para trasladaranse a rúas, museos, parques e bares para celebrar a Noite galega das persoas investigadoras, a G-Night.
A confederación considera que os recortes na docencia, 435 prazas menos que o último curso, teñen como consecuencia a perda de calidade no ensino e a diminución de oportunidades.
  comenta   0
O leite e os seus derivados representan en Galicia case o 2% do PIB total. Nun contexto de competencia global, algo así so se pode conseguir aplicando un modelo onde prevaleza a investigación e a cooperación. Nos valores que simboliza o LIGAL reside boa parte da competitividade do leite galego e das súas expectativas de futuro.
  comenta   0
Unha lingua para poder pervivir no tempo precisa estar presente en moitos ámbitos que lles faciliten esas posibilidades. A ciencia é un deles.Foron moitas as voces que lles negaron ás linguas a idoneidade para escribírense nelas tratados de física cuántica. O expresidente Adolfo Suárez foi un deles, provocando tales declaracións un rebumbio. Outras voces fixéronlle o coro. Foron tempos nos que os prexuízos lingüísticos tiñan fondas raíces que houbo que ir erradicando.
  comenta   0
Suma un 7%, mentres que no conxunto de España esta porcentaxe alcanza o 4%. A meirande parte dos pasamentos afectan a homes, fundamentalmente fumadores e exfumadores.
  comenta   0
A iniciativa #Right2Cure (dereito a curarse) busca sinaturas para que se liberen as patentes de vacinas contra a COVID. O motivo é que mentres as farmacéuticas reteñan as fórmulas dos seus produtos, será imposible inmunizar a toda a poboación mundial en menos de dez anos. As consecuencias serían a repetición de gromos con virus cada vez máis resistentes. A base en que se fundamenta esta petición é o enorme investimento da UE con diñeiro público que foi parar aos laboratorios.
  comenta   0