O xulgado de instrución de Vigo encargouse de executar a Orde Europea de Investigación e de coordinar os rexistros.
Todo problema, e neste caso político, deixa unha porta aberta e pode ser unha oportunidade pra, sabendo aproveitar a situación, mellorar e ampliar o espazo electoral e chegar a grupos sociais que nunca te votaron.
  comenta   0
Incoouse aos xulgados de instrución que notifiquen se teñen algunha denuncia por estes mesmos feitos, xa que, de ser así, serían os xulgados os que terían a potestade de actuar.
  comenta   1
A Audiencia Provincial de Ourense ditou o arquivo da denuncia por inxurias presentada por un policía local contra o alcalde ourensán.
  comenta   0
A APDR denuncia a "prevaricación" do goberno da Xunta para suavizar a sentencia que anula a concesión.
  comenta   0
Lourdes Pazo é coordinadora técnica do Programa Vagalume para atención integral a mulleres en contexto de prostitución e trata con finalidade de explotación sexual. Falamos con ela para saber cales son as variables detrás das mulleres prostituídas, entre elas, pobreza, violencia e mafias.
  comenta   0
A prostitución é un dos fenómenos máis difíciles de estudar e cuantificar, quer desde o lado social quer desde o monetario. Aínda que o proxenetismo está penado e perseguido, o exercicio desta actividade agóchase detrás dos denominados “clubs”. O sorprendente, segundo algunhas voces expertas, é que en tempos da COVID se permita a apertura a estes espazos fronte ao peche de bares, restaurantes e outras alternativas de ocio.
  comenta   0
Na lea ésta do Emérito, dos Borbóns e da Coroa haberán concordar comigo que todo está moi mal organizado.
  comenta   0
'Hijas de Galicia' é unha entidade nacida en Cuba hai máis dun século co propósito de axudar as migrantes captadas polas redes de trata. É un exemplo de sororidade para trasladar á actualidade, cando son moitas as mulleres latinoamericanas as que fan a viaxe á inversa, con múltiples paralelismos. Muller, migrante, empobrecida...; para a mafia da prostitución, elas só "son mercancía".
José Antonio Vázquez Taín, un dos xuíces máis mediaticos de Galicia, está convencido de que o narcotráfico arruinou o desenvolvemento de sectores económicos en Galicia. Este maxistrado, que nos anos 90 meteu en prisión aos principais narcotraficantes de Galicia, destaca nesta entrevista no GC que as cantidades de diñeiro que se moven poden chegar aos 1.000 millóns de euros. Dese diñeiro, os narcos galegos só quedarían co 30%.
  comenta   13