Os grupos políticos que levan anos na oposición, por aquelo de ter medo a posiblles incoherencias e tamén por considerarse gardadores das esencias ideolóxicas, ás veces arrédanse das situcións de goberno poñendo trabas moi altas, pois pensan que canto máis mal mellor, claro, ate que eles tomen o poder.
O caso do resultado das eleccións na cidade de Ourense pode ser un bo exemplo da diversidade social e de atoparnos nunha situación esperpéntica que precisa unha solución urxente por parte das fomacións políticas con representación nesa institución. E díante un problema desta magnitude só queda unha postura: remangarse e buscar acordos que corten o deterioro dunha institución como pode ser o casp do Concello e incluso na Depuitación. No primeiro caso é porque xa non se pode chegar mais lonxe no desgoberno, e no disparate; no segundo o poder exercido durante moitos anos permite moitas extralimitacións.
Si os tres grupos PP, PSOE e BNG son conscientes de que hai que arredar a Jácome da alcaldía, o acordo ten que ser realidade xa. Se o caso de Ourense emmárcase nunha situación especial, ningún dos tres grupos pode xustificar a súa postura contraria a un acordo de minimos que ben podía ser algo así: O PP cambia o presidente da deputación por outro membro do seu partido, e no Concello fórmase un goberno de concentración, ou en minoría de dúas forzas políticas, sendo votado na investidura polos tres grupos sinalados. Dixen hai uns días, que a política sempre é a posta en marcha do mal menor. Pois nunha sociedade plural como a nosa é moi dificil atopar unanimidade electoral total. Polo que, deixar que se deteriore unha institución coa idea de que candoo grupo x chegue ó poder é un erro moi grave.
As eleccións na provincia gañounas un grupo. Pois que goberne neste caso con outra persoa no ente provincial.
Nunha negociación todo o mundo ten que ceder. Mais o que non vale son os purismos e deixar que se pudra a situación.
Pola configuración da actual corporación, hai quen mellorou no número de representantes, máis tamén cabe que medrara en base o que se chama un trasvase de votos do competidor e próximo no ideolóxico. Pero si o grupo que mellororu non é capaz, pola súa cerrazón ideolóxica de abranguer e chegar a novos votantes, pouco se avanza. Co que si eso acontece e o seu posicionamento político sigue a ser non remangarse e axudar a saír da situación actual pode que o pague no futuro e mal imos os ourensás.
Ás forzas políticas que viven sempre ancladas na oposición, chega un momento que non son útiles socialmente. E si o medo a rachar ise estatus persiste, nunca chegarán a seren decisorias e menos maioritarias. Serán muletas de outros. Polo que nunca levarán a cabo o seu hipotético e ideal programa.
A situación que hoxe acontece na cidade das Burgas, precisa de valentía a prol dunha cidadanía que, votando opcións distintas, ganoulle o referendo a Jácome: ganoulle o plebiscito. Lembrade: Jácome contra toda a mafia de partidos. O puzle ourensan é unha oportunidade pra deixar atrás un pasado que impide un futuro mellor pra todos. Mais eu atisvo a decepción con escusas varias. E así non hai pacto a tres, Ourense non irá a ningures.