O Tribunal Supremo (TS) estudou un caso concreto no que os estatutos só contemplaban prohibicións para consultorios, clínicas de enfermidades infecto contaxiosas e para fins ilegais, así como instalación de motores ou máquinas que non sexan usuais para os servizos do fogar, actividades inmorais, incómodas ou insalubres.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse especialmente duro na súa resposta ao Concello, asegurando que "eles saben que hai unha mecánica establecida para que a Xunta dea de baixa esas vivendas e, polo tanto, só teñen que seguir as normas establecidas".
  comenta   0
A deputada Alexandra Fernández acusa ao Goberno galego de fomentar o descontrol para permitir o aumento dos pisos turísticos.
  comenta   0
A investigadora Isabel González García, da Universidad Politécnica de Madrid (UPM), denuncia que nesta cidade a día de hoxe a vivenda exerce como "un sofisticado sistema de depuración social: cada un vive onde pode vivir e onde debe vivir".
  comenta   0
Sindo Guinarte fora anunciado como substituto de Gonzalo Muíños no PSdeG de Santiago por Aitor Bouzas. A resolución de Ferraz abre incógnitas sobre o futuro político no Concello.
o Ministerio non quere que haxa, en detrimento do aluguer residencial, un avance dos pisos turísticos que, ademais, provocan "moito malestar, moitos problemas convivenciales coas comunidades de propietarios e cos cidadáns", polo que está a tentar que o aluguer residencial habitual sexa o predominante nas cidades españolas.
  comenta   0
Será voluntario por un período aínda sen definir e a solicitude do código terá un custo pouco "substancial" para propietarios e deixa o réxime sancionador en mans das comunidades autónomas e dos concellos.
  comenta   0
O concello abriu a consulta pública sobre a ordenanza para a regulación dos pisos turísticos.
O PSOE rexistrou unha iniciativa no Congreso coa que urxe a que as comunidades e cidades autónomas poñan unha maior vixilancia sobre a actividade irregular nos aloxamentos turísticos e a que lancen campañas informativas e de concienciación para desincentivar o seu uso.
  comenta   0
Apoia tamén a rehabilitación do mosteiro de Oia e dos faros de Cabo Silleiro, no Camiño Portugués da Costa, para dotalos de usos turísticos.
  comenta   0
O ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, pediu "vontade política suficiente" aos gobernos autonómicos para cooperar coas iniciativas postas en marcha polo Goberno.
  comenta   0
Buscando en Booking atopamos prezos totalmente desorbitados para pernoctar na vila pontevedresa durante o mes de agosto, que caen en picado a partires da segunda quincena de setembro.
  comenta   0
O Executivo impulsará modificacións lexislativas para clarificar a capacidade de decisión das comunidades de veciños sobre a instalación de pisos turísticos, respondendo ás preocupacións polo aumento de prezos no aluguer residencial.
  comenta   0
A secretaria de Organización adxunta do PSdeG, Ana Pena, preguntada sobre se o proceso podería finalizar coa expulsión do seis concelleiros (a totalidade da representación do partido no Consistorio compostelán), dixo que o expediente seguirá "con rigorosidade" os estatutos do partido.
A deputada Verónica Martínez Barbero menciona tamén a reforma do CGPJ e a derrogación da 'lei mordaza', así como a regulación dos pisos turísticos para garantir o dereito á vivenda da poboación.
  comenta   0
María Rozas (Santiago de Compostela) encabeza a candidatura de Compostela Aberta. Logo da experiencia de 2015 a 2019, o partido que naceu desde os movementos sociais composteláns, aspira a renovar forzas dentro do consistorio santiagués. María Rozas lembra ao PSOE de Bugallo que moitas inciativas sociais e de control sobre vivendas turísticas xa foran aplicadas durante o goberno de CA,
  comenta   0
Os alugueres aumentaron o dobre só en dous anos nalgúns lugares. Detrás está a falta de vivenda habitacional e noutros sitios o aluguer turístico está retirando do mercado lugares que antes eran vivendas alugadas todo o ano. Hai uns anos era a xente nova a que máis dificultades tiña para alugar, hoxe en día é un problema transversal ou interxeracional. Ninguén se está librando destas subas e das condicións draconianas dalgúns propietarios.
  comenta   1
Un grupo de persoas en Santiago denuncia que o Concello está enviando "ordes de peche e multas de 10.000" a propietarios que non teñen a licenza municipal pero si están rexistrados na Xunta.
  comenta   3
A Marea Atlántica lembra que "hai 653 vivendas turísticas rexistradas", un 22% máis que en agosto do ano pasado.
  comenta   0
O grupo de traballo remitiu tamén un escrito ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, da que aínda non obtiveron resposta polo momento.
  comenta   0
Os pisos turísticos conviven coas vivendas das que moitas familias son desafiuzadas na cidade de Vigo. Entidades sociais piden aumentar o parque público de vivenda e regular os apartamentos vacacionais.
Bugallo pediulle á Xunta que admitise que deu autorizacións de inscrición no rexistro de vivendas de uso turístico "que non podía entregar", por falta de licenza municipal.
  comenta   0
A sentenza do TSXG rexeita a totalidade dos numerosos motivos de recurso da denunciante, unha propietaria dunha destas vivendas turísticas.
  comenta   0