Pese ao escenario "volátil" provocado polas eleccións, a alcaldesa ve "factible" implantar a taxa turística antes de final de ano.
  comenta   0
No noso país veciño son os propios concellos os que deciden se fixar ese imposto ou non e onde reinvertilo, sen mediación do Goberno central. Lisboa foi a primeira cidade en implantar a taxa turística, no 2016, seguiulle Oporto no 2018, e agora xa son trece concellos os que a aplican. O pasado ano recaudáronse 54 millóns de euros a través deste gravame.
  comenta   0
Jorge Carregal, de Turismo de Santiago, defende a implementación deste gravame como forma de reinvertir a riqueza xerada polos visitantes en paliar os efectos negativos da masificación turística. Luisa Lorenzo, de Unión Hotelera Compostela, lamenta que non se falase co sector hoteleiro desta cuestión, que será o que terá que implementar o imposto. E Cesáreo Pardal, do Clúster de Turismo de Galicia, cre que Santiago non conta cos servizos suficientes para ter un turismo de calidade. Ambos cren que a ocupación non é tan boiante como para pensar nunha taxa turística e que antes de implementala hai outros problemas que resolver.
  comenta   0
Setembro, con cifras de estadía moi semellantes (170.000 visitantes fronte a 220.000 en agosto) apenas tivo queixas. A concelleira de Turismo de Santiago, Miriam Louzao, ten claro que a diferenza está no tipo de turismo, pois setembro atrae máis ao turismo internacional, máis respectuoso co patrimonio e a natureza da cidade. Segue defendendo a taxa turística como solución a curto prazo.
  comenta   0
As modificacións, segundo a alcaldesa, Goretti Sanmartín, pasan por "achegar todos os datos posibles e máis actualizados" sobre o turismo en Santiago, así como pola xustificación e desenvolvemento "máis claro" de que a "que se destinaría".
  comenta   0
A alcaldesa de Santiago detallou que "a maior parte" do diñeiro recadado con esta taxa, excepto "os gastos de xestión e de tramitación", irá destinado a cuestións relacionadas coa "desestacionalización, co turismo de calidade" e, "sobre todo", co "sobrecusto que ten o turismo para os veciños de Compostela".
  comenta   0
O PSOE de Santiago pide a Sanmartín que priorice con Rueda o aparcadoiro do Clínico, a vivenda e a taxa turística.
  comenta   2
"Fala o goberno de saturación, de turismo masivo, de turismo 'low cost'. Cre que a taxa turística vai solucionar estas cuestións? Evidentemente non", resolveu o edil do PP Borja Verea.
  comenta   0
A alcaldesa de Santiago incidiu en que "cre que é razoable" para "a inmensa maioría" da poboación de Santiago e do conxunto de Galicia o establecemento desta taxa para "contribuír a sufragar os gastos dos servizos públicos".
  comenta   0
As pintadas en pórticos da catedral, comportamentos incívicos por parte de turistas na Praza do Obradoiro, masificación irrespectuosa coa convivencia coa veciñanza da cidade e incumprimento dos regulamentos de tráfico urbano. Son só uns poucos puntos do catálogo que ofrecen asociacións de veciños para unha taxa turística. O Concello de Santiago remitiulle á Xunta unha proposta de gravame sobre estadías turísticas ante a presión de visitas e a pegada que deixan na cidade.
  comenta   0
A Consellería de Medio Ambiente aclara que a enquisa é un estudo que está a levar a cabo o Goberno central a través do CSIC e que "non se está estudando a implantación de ningún tipo de suplemento para acceder a este parque natural", entre outras cousas porque, "a entrada aos parques nacionais por lei é gratuíta".
A xunta de goberno local de Santiago aprobou este luns a contratación das obras da Praza da Nosa Mercé, no compostelán barrio de Conxo, que contará cun orzamento basee de licitación de máis de 120.000 euros.
  comenta   0
María Rozas (Santiago de Compostela) encabeza a candidatura de Compostela Aberta. Logo da experiencia de 2015 a 2019, o partido que naceu desde os movementos sociais composteláns, aspira a renovar forzas dentro do consistorio santiagués. María Rozas lembra ao PSOE de Bugallo que moitas inciativas sociais e de control sobre vivendas turísticas xa foran aplicadas durante o goberno de CA,
  comenta   0
A iniciativa aprobada, de Compostela Aberta, aposta por que vaia a un fondo local e acórdese cos distintos axentes implicados o seu investimento
  comenta   0
Un estudo sinala que a maioría de residentes de Santiago de Compostela enquisados están a prol dese imposto. Seis de cada dez consideran que sería beneficioso para a cidade. O Concello traballa na aplicación desa taxa, mentres os barrios históricos sofren unha masificación turística.
  comenta   1