Feridas dúas persoas nunha explosión nunha fábrica de Ribadumia

O estourido tivo lugar cando os operarios estaban baleirando o depósito dun silo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/07/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste martes nun incendio causado pola explosión dun silo situado no exterior dunha fábrica en Ribadumia (Pontevedra).

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 11,00 horas deste martes nunha fábrica situada no número 5 da Rúa Alfonsín, en Ribadumia, cando varios operarios se atopaban baleirando o depósito, que almacenaba labra, e produciuse a explosión.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ribadumia, que finalizaron as tarefas de extinción do lume sobre as 12,40 horas. Así mesmo, no operativo participaron tamén axentes da Garda Civil. Os feridos foron trasladados polo 061 ao Hospital Povisa.

Acción dos bombeiros
Acción dos bombeiros | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta