Ourense encabeza os índices estatais de sinistralidade mortal no ámbito laboral, segundo un informe de CC.OO.

No que vai de ano xa se produciron máis accidentes na provincia que en todo 2018.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense encabeza os índices estatais de sinistralidade mortal no ámbito laboral, segundo os datos solicitados polo sindicato Comisiones Obreras (CC.OO.), que considera "altamente preocupante" as "carencias" detectadas en materia de prevención de riscos laborais.

Así, segundo sinala un comunicado emitido por Comisiones, no que vai de ano 209 xa se superou o número de accidentes rexistrados 2018. E é que nos seis primeiros meses de 2019 producíronse 977 accidentes, seis máis que en todo o ano pasado. Estas cifras sitúan o índice de incidencia na provincia ourensá en 244,6, once puntos por encima da media estatal (235,6) e máis de dez da galega (234,0).

Ademais, Ourense é a provincia española con maior cociente de mortalidade laboral en comparativa co número de afiliados á seguridade social. Este índice é dun 1,252 na provincia ourensá, moi superior ao 0,431 de Galicia e o 0,202 da media estatal. Como apunta Comisiones, no que vai de ano un total de sete persoas perderon a vida mentres traballaban na provincia de Ourense.

Así mesmo, o informe elaborado de CC.OO. entre empregados de 250 empresas de Ourense revela que só un 7% dos centros de traballo permite a participación da Representación Legal dos Traballadores e só o 4% realiza o simulacro de emerxencia obrigatorio no plan de prevención. Por outra banda, tamén alerta de que o 70% dos traballadores descoñece o plan de prevención da súa empresa, porcentaxe que se eleva ata o 90% entre aqueles que afirman que non coñecen a avaliación de riscos do seu posto.

Edificios en construción. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Edificios en construción. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta