Forte seguemento nas primeiras horas da folga

Na prensa os traballadores logran que non saian nin Faro nin a edición galega de El País, segundo os sindicatos. Datos sobre o seguimento nas cidades no interior.

Por Galicia Confidencial | | 29/03/2012 | Actualizada ás 01:21

Comparte esta noticia

No sector da prensa existía a posibilidade de secundar o paro o mércores. Nalgunhas empresas importantes, como en Faro de Vigo, secundouse onte, cun seguimento maior que noutras ocasións. Con todo, o xornal olívico logrou completar unha edición única. Está por ver se é quen agora de distribuíla, pois a rotativa do faro foi unha das paralizadas no paro do ano pasado. Noutro xornal, La Voz de Galicia, os traballadores decidiron facer folga o xoves.

"Mañá non se publicarán nin Faro de Vigo (100% de paro) nin a edición galega de El País" adianta a CIG.

None

Por outra banda, arestora confírmase o paro total na recollida de lixo en Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.

Industria

Outro sector clave para avaliar o éxito das primeiras horas dunha folga xeral é a industria. No naval de Vigo hai "100% de seguimento en Navantia Ferrol, Navantia Fene, e en Rodman Polyships", segundo Comisións Obreiras. En Vigo rexístrase, de acordo á CIG, a "paralización total da actividade portuaria". Na comarca da Coruña, o seguimento tamén é total en Zara loxística, de acordo á versión dos proletarios. Na capital herculina o seguimento tamén é total na empresa de xardíns CESPA. En Santiago no polígono do Tambre xa parou Castrosúa. Na capital de Galicia os piquetes informativos comezaron a súa ronda polos comercios do centro. A Policía protexe arestora o establecemento Opencor.

Polémica en Santiago

Haberá manifestacións na práctica totalidade de cidades e vilas do país. Os horarios das protestas poden consultarse aquí.

Unha das manifestacións de Santiago nace con polémica. O Concello negou á CIG o permiso para usar a toma de luz nas Praterías, polo que non se poderá usar en principio a megafonía. O sindicato nacionalista denuncia "a actitude antidemocrática, antisindical e contraria a dereito" do alcalde conservador Xerardo Conde Roa.

None

Transportes afectados

A nivel de transportes, os servizos públicos xa anunciaron moitas cancelacións. Nos aeroportos do país hai case 20 voos que non saíran na Coruña, dez en Compostela e 28 en Vigo. Suman un total de 58 conexións inactivas. 

Nos trens rexionais o seguimento será total. Unicamente funcionarán unhas poucas conexións do Feve dende Ferrol. Os servizos mínimos determinados pola Administración garanten conexións de autobuses entre case todas as cidades galegas, pero con menos frecuencia do habitual.

Os últimos datos da folga pódense seguir en directo na caixa de 'twitts' na portada do GC.

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

4 re-volta

en mi puesto de trabajo, falta el forofo del psoe que en los interins suelta el mitin mañanero los demas todos en sus puesto

1 Bakunin

Cantas veces non vas a secudar a folga? fachiña pepeiro multinicks.

2 Bruar

Como nun buque de guerra, cada un no seu posto, esperando o toque de corneta!

3 Canido

Carballeira: Tes toda a razón do mundo, pois non teremos de esquecer que os que convocan e apoian a folga de de hoxe...... son os mesmos complices que desfixeron Astano: PSOE+IU+CCOO+UGT....Fai falla ter pocuca vergoña...!

2 Carballeira

Grazas aos sindicatos UGT e CCOO, asinantes da reconversión, en Ferrol, a folga de hoxe é un día mais, pois nesta bisbarra o Naval, xa leva un contínuo de 10585 días de folga forzada .......... Eso si, Toxo ben situado na Vila e Corte, e a xuventude da zona que tería que estar no estaleiro, ou ben conforma o índice do 47% de desemprego ou anda dando tumbos de feira polo mundo adiante........... Xente coma vos, é o que menos precisa este país...!

1 RRL

O que dato de "100% de paro" que di a CIG sobre Faro de Vigo é rotundamente falso, son testemuña.