O recinto termal das Burgas de Ourense reabre as súas portas ao público este xoves

Volven a estar dispoñibles tras os labores de mantemento ás que o recinto foi sometido nas últimas semanas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

As piscinas termais das Burgas de Ourense reabren as súas portas ao público este xoves, tras os labores de mantemento ás que o recinto foi sometido nas últimas semanas. Segundo informa o concello da cidade nun comunicado, o espazo de augas termais recupera o seu horario habitual para que todas as persoas poidan acceder ás piscinas de martes a domingo, desde as 10,00 ás 13,00 horas e desde as 17,00 ata as 21,00 horas.

Neste sentido, a concellaría de Termalismo manifestou o seu "esforzo" por apurar a reapertura deste recinto termal no "corazón da cidade", que contén unhas piscinas que suman 200 metros cadrados de auga quente ao aire libre con acceso gratuíto.

Ademais, a temperatura media das Burgas atópase entre os 38 e 40 graos centígrados, polo que se permite o baño en calquera época do ano. Igualmente, o goberno local destacou que as súas augas son de "mineralización media e alcalinas", unhas propiedades que "coidan a pel e relaxan os músculos".

Augas termais ao carón do Miño en Ourense
Augas termais ao carón do Miño en Ourense | Fonte: crtvg Assembleia Legislativa dos Açores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta