Nova inxección económica para o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra para compostaxe

A día de hoxe son 42 os concellos que están adheridos ao Plan Revitaliza dos 61 que conforman a provincia de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra ten previsto levar á xunta de goberno deste venres un novo impulso para o Plan Revitaliza mediante a concesión de subvencións a aqueles novos concellos que están máis avanzados na implantación da compostaxe en tratamento dos biorresiduos.

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, compareceu este xoves en rolda de prensa para avanzar que o goberno provincial ten previsto facer unha análise da situación  do Plan Revitaliza para encarar unha nova etapa despois dos cambios nas alcaldías dalgúns municipios que forman parte desta iniciativa.

A día de hoxe son 42 os concellos que están adheridos ao Plan Revitaliza dos 61 que conforman a provincia de Pontevedra, o que César Mosquera valorou como "todo un indicativo do éxito do Plan". En calquera caso o vicepresidente matizou que "é máis importante atender ben aos concellos que o número". "Loxicamente, se se adhiren máis no futuro estaremos encantados", abundou.

Son 14 os municipios que se atopan nunha fase máis avanzada deste modelo de xestión dos residuos baseado na compostaxe, o que significa que se compostan o 52% dos biorresiduos que producen. Destes, nove concorreron a esta convocatoria de axudas na que a Deputación achegará 1,7 millóns de euros (trátase dos municipios de Mondariz, As Neves, Tomiño, Vilaboa, Mondariz Balneario, A Illa de Arousa, Valga, O Grove e Poio). Este diñeiro destinarase a comprar composteiros individuais e comunitarios, material complementario ou mesmo un camión para trasladar o estructurante.

PONTEVEDRA E VIGO

O Concello de Pontevedra non recibe subvención económica directa para facer o despregamento da compostaxe por parte da Deputación, polo que non se pode considerar dentro da Liña 2 do Plan Revitaliza a pesar de ser un dos concellos que máis avanzou na consolidación deste modelo dentro da provincia.

César Mosquera recoñeceu que a incorporación do Concello de Vigo ao Plan Revitaliza obrigaría a reformular o actual modelo debido á dimensión da cidade olívica, que "alteraría a escala" do método de traballo en canto á necesidade dunha planta de tratamento e máis persoal técnico, admitiu. "Outra cousa é que non poida haber colaboracións, que as haberá", engadiu o vicepresidente provincial.

Composteiro
Composteiro | Fonte: Certo.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta