Temas: APP PRAGA VELUTINA

Nace a aplicación "VeluMap" para monitorizar a presenza da avespa velutina en Galicia

A aplicación recibe os datos que envían os usuarios e actualiza de forma automática os movementos que se esperan da especie.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Con intención de predicir o patrón de expansión da avespa velutina, un equipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveu a aplicación "VeluMap", un servizo gratuíto que permite situar a distribución espacial e temporal deste insecto en Galicia.

"A aplicación permite mellorar o coñecemento da autoecología da especie e producir mapas actualizados de como será a súa distribución en tempo practicamente real", sinala o doutor Luís Rodríguez Lado, responsable do traballo. É unha plataforma enmarcada no convenio de colaboración coa Deputación de Coruña para o "Estudo da problemática asociada á avespa velutina", que pode utilizarse tanto en sistemas operativos Android como en IOS.

"VeluMap" recibe os datos que envían os usuarios e actualiza de forma automática os movementos que se esperan da especie. O equipo desenvolvedor destaca o interese da utilización colaborativa da ferramenta, dado que canta máis xente use a aplicación, máis información dispoñible haberá, á vez que "mellor serán os resultados dos modelos predictivos para coñecer a expansión desta especie invasora en Galicia".

Os investigadores recalcan a sinxeleza do proceso. Tras o rexistro como usuario, as persoas que utilicen "VeluMap" deben elixir entre engadir un avistamento de individuos illados ou dun niño. Despois da captura de datos engádese unha imaxe, que pode ser envorcada desde a galería ou tomarse no momento. Por último, identifícase o emprazamento xeográfico da observación. Tamén se poden incluír comentarios con datos de interese como a hora ou o clima.

Avespa velutina en Cambre. CONCELLO DE CAMBRE - Arquivo
Avespa velutina en Cambre. CONCELLO DE CAMBRE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: APP PRAGA VELUTINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta