Temas: CHUS MAIORES

O Servizo de Cardioloxía do CHUS implanta o primeiro dispositivo modulador da contractilidade cardíaca

Este tratamento consiste na colocación dun dispositivo parecido a un marcapasos que "permite estimular unha zona específica a un paciente con insuficiencia cardíaca".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O Servizo de Cardioloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago implantou o primeiro dispositivo de modulación da contractilidade cardíaca nun paciente con insuficiencia cardíaca (IC) que permanecía sintomático a pesar do tratamento farmacolóxico óptimo.

Segundo informou a xerencia sanitaria compostelá nun comunicado, esta nova tecnoloxía forma parte do proxecto de investigación en insuficiencia cardíaca avanzada que se desenvolve no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e que este ano se lle concedeu o Primeiro Proxecto Intramural do Consorcio de Investigación Cardiovascular en España.

Este tratamento consiste na colocación dun dispositivo parecido a un marcapasos que, destacaron as mesmas fontes, "permite estimular con alta voltaxe unha zona específica do corazón a un paciente con insuficiencia cardíaca". O implante foi realizado a primeiros de abril e, tras case cinco meses de seguimento, "confórmase o éxito do procedemento cun beneficio tanto clínico como na mellora na función contráctil do corazón do paciente", destacaron as mesmas fontes.

A insuficiencia cardíaca, sinala a xerencia compostelá, afecta a un dous por cento da poboación e constitúe a primeira causa de hospitalización en pacientes maiores de 65 anos. Representa o tres por cento de todos os ingresos hospitalarios e un 2,5% do custo total da asistencia sanitaria. A xerencia sanitaria de Santiago incidiu, ademais, en que se trata do terceiro paciente ao que se lle implantou un dispositivo de modulación cardíaca en España e o primeiro en Galicia.

O Servizo de Cardiología do CHUS implanta o primeiro dispositivo modulador da contractilidad cardíaca.. CHUS
O Servizo de Cardiología do CHUS implanta o primeiro dispositivo modulador da contractilidad cardíaca.. CHUS | Fonte: Europa Press

Temas: CHUS MAIORES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta