A Deputación de Pontevedra concede axudas para a loita contra as violencias machistas en dez concellos

Cun orzamento toal de 105.00 euros, os municipios beneficiarios son Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de axudas para o "fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra as violencias machistas para este 2019". Destinaranse a 21 entidades de carácter social en dez municipios.

As subvencións teñen un orzamento de 105.000 euros e benefícianse os concellos de Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Neste sentido, o Goberno pretende apoiar a estas entidades para que poidan desenvolver proxectos e actividades de sensibilización, formación, prevención de violencia machista, atención a mulleres e fomento da igualdade de homes e mulleres, entre outros.

Manifestación en Vigo contra a violencia machista
Manifestación en Vigo contra a violencia machista | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta