Policía e Folga

Non serei eu quen faga una avaliación sobre se a folga do pasado día 29 tivo o éxito esperado ou non. Nestes casos todo depende da cor do cristal co que se mire.

Por José Freire | Pontevedra | 02/04/2012

Comparte esta noticia

 

Eu entendo un modelo de sociedade no que a Policía sexa un actor que garanta os dereitos, liberdades e seguridade dos cidadás, cuxos membros son traballadores da seguridade pública e que actúan como axentes sociais nunha sociedade democrática.

O modelo de Policía civil, na que os seus membros teñan dereitos civís, sociais ou profesionais, non é viable a non ser nunha sociedade democrática, e será máis cómodo e gratificante o noso traballo na medida na que a sociedade, os cidadás, gocen de máis dereitos e benestar social. En coherencia con isto amosámola nosa solidariedade cos sindicatos de clase que defenden os intereses dos traballadores.

Aínda que os funcionarios de policía carecen de el, o dereito á folga é un dereito Constitucional do que gozan tódolos traballadores. Por iso os policías están tamén para garantir este dereito aos traballadores que libremente queiran exercelo.

E no desenrolo deste dereito xorde a figura dos piquetes chamados informativos, que son utilizados polos traballadores. Resulta evidente que os empresarios non os necesitan, xa que utilizan outros métodos, menos vistosos pero máis efectivos.

 

 

 


Por iso, ademais de ser legais son, en ocasións, o instrumento necesario para aqueles traballadores que querendo facer folga, vense obrigados a acudir aos seus postos de traballo por presións e ameazas. Nestes casos, os piquetes son a súa coartada.

Sempre é noticia que a policía e os piquetes tiveron algún enfrontamento, e nunca se da o caso de que a policía deba acudir a unha empresa onde o empresario ameaza con represalias ao traballador se secunda a folga.

Por outra banda, os piquetes informativos e os sindicatos convocantes deben ser conscientes  de que a Policía é unha ferramenta do Estado, que son traballadores da seguridade, que non teñen dereito á folga e que teñen que cumprilas ordes que reciban xa que, pola contra, sería bastante peor para todos.

Non provocar nin secundar, en ningún caso, actos violentos, nin contra policías nin contra inmobles ou bens, e permitir que persoas que queiran ir a traballar o fagan.

Coido que o día 29, salvo algúns feitos puntuais, imperou a cordura, a prudencia e a flexibilidade suficiente, demostrándose unha madurez propia dun País con varios anos de democracia.

Máis eu continuo sen ter recoñecido ese dereito.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.