Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2019 | Actualizada ás 13:46
A Garda Civil identificou ao condutor que subiu vídeos a redes sociais nos que circulaba a 201 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80 no municipio de Ponteceso (A Coruña).
Así o avanzaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, despois de que este corpo de seguridade solicitase a finais do pasado mes de xullo a colaboración cidadá para localizar a este condutor que colgou un vídeo en redes sociais no que cometía a infracción.
A Benemérita iniciara pescudas tras ter constancia a través dun vídeo subido ás redes sociais no que podía verse a infracción viaria. Deste caso, así como do doutra condutora da localidade coruñesa de Negreira identificada por subir outro vídeo a Internet relacionado con outro delito contra a seguridade viaria, informará este mércores pola mañá nunha comparecencia ante os medios o Sector da Agrupación de Tráfico de Galicia na Comandancia da Coruña.
Así mesmo, foi denunciada pola vía administrativa unha condutora da Estrada (Pontevedra) por outro vídeo en redes sociais no que explicaba o funcionamento no vehículo no que circulaba dun detector de radares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.