Alberto Vázquez e Martín Romero, Premios Castelao de Banda Deseñada

Vázquez resultou galardoado na categoría xeral do certame pola peza 'A Caza' e Romero por 'Uxío' na categoría infantil e xuvenil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Os autores Alberto Vázquez e Martín Romero foron os gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada, certame da Deputación coruñesa que xa chegou á súa XIV edición.

O gañador de tres Premios Goya por obras como 'Birdboy', 'Psiconautas' ou 'Decorado', Alberto Vázquez, sitúase como un dos autores máis recoñecidos do panorama galego, e as súas pezas chegaron a prestixiosos festivais de todo o mundo como Cannes, EFA Award, Toronto ou Slamdance.

Vázquez resultou galardoado na categoría xeral do certame pola peza 'A Caza', unha obra na que destaca o "sólido" grafismo utilizado, coa técnica do sumi-e e tinta chinesa, ademais do "debuxo expresivo" co que xera unha unidade narrativa e "un mundo propio e persoal".

Doutra banda, o xurado decidiu recoñecer a obra 'Uxío' de Martín Romero na categoría infantil e xuvenil, da que se resalta que explota as "posibilidades narrativas" do medio e o uso "humorístico, divertido e adaptado á idade" dunha filosofía sobre a vida e o cotián.

Romero é ilustrador, autor de cómics e director de animación, con obras como 'As fabulosas crónicas do rato taciturno', 'A débeda' e 'A Noite', a súa primeira curtametraxe de animación.

Decorado, curto do galego Alberto Vázquez. UNIKO  - Arquivo
Decorado, curto do galego Alberto Vázquez. UNIKO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta