O abandono animal é un comportamento que pode xurdir como consecuencia da desinformación ou o descoñecemento, aínda que hai xente que, directamente, "non ten escrúpulos". O colectivo Michos de Lugo busca que se regule o coidado das colonias e lembra que o mellor método para controlar a natalidade destes gatiños é o sistema CER (captura, esterilización e retorno).