Formalizan o acordo para crear a estratexia común galega de impulso das comarcas vitivinícolas

O Goberno galego e a Fundación Juana de Veiga subscribiron un convenio de colaboración que terá como obxectivo principal a elaboración dunha estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas da comunidade, un documento de acción común para impulsar tanto a imaxe de marca destas zonas como a súa proxección internacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O Goberno galego e a Fundación Juana de Vega subscribiron un convenio de colaboración que terá como obxectivo principal a elaboración dunha estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas da comunidade, un documento de acción común para impulsar tanto a imaxe de marca destas zonas como a súa proxección internacional.

O acordo foi formalizado no Parador de Cambados este venres entre o presidente da Fundación, Enrique Sáez, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o responsable de Medio Rural, José González.

A través desta cooperación, mobilizaranse un total de 748.000 euros en medidas para potenciar o desenvolvemento integral do sector dun modo coordinado e consensuado, coa participación de todos os axentes implicados.

O obxectivo é tanto mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto como reforzar a súa imaxe e identidade vinculada aos territorios nos que se producen. As medidas orientaranse, entre outros fins, a mellorar a promoción e comercialización de produtos turísticos vinculados ao sector.

Durante o acto de firma, Francisco Conde incidiu no "innegable peso" do sector na economía galega a través das cinco denominacións de orixe e as catro indicacións xeográficas protexidas, que abarcan máis de 450 adegas, máis de 13.000 viticultores e que xeran un valor anual de 200 millóns de euros.

O sector vende xa una de cada cinco botellas que produce ao exterior e Conde apostou por potenciar e consolidar o "negocio internacional", facilitando o inicio de contactos e accións neste sentido a empresas que aínda non contan con actividade exportadora.

UN PULO "SEN PRECEDENTES"

O titular de Turismo, pola súa banda, incidiu no impulso de novos produtos que permitan "descentralizar" a actividade turística e, ao mesmo tempo, potenciar o desenvolvemento das zonas e espazos situados no medio rural galego. Neste sentido, José González valorou a firma do convenio para dar pasos nesta dirección dun modo coordinado e integral entre todos os axentes do sector.

"O viño é o noso ámbito agrario máis exportador, un dos máis dinámicos, e identifícase coa creación de riqueza e emprego para o rural", destacou, animando á creación de sinerxías con outros sectores (turístico, patrimonio natural, paisaxe) para darlle "un pulo sen precedentes" tanto ao sector como ás diferentes comarcas.

Vendima na Ribeira Sacra. CEDIDA - Arquivo
Vendima na Ribeira Sacra. CEDIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta