Israel ofrécelle cooperación á Xunta para recuperar as Fragas do Eume

O Estado de Israel está disposto a colaborar co Goberno galego na "reforestación e recuperación" das Fragas do Eume se así o pide a Xunta. Texto do telegrama no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/04/2012 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O embaixador de Israel en España, Alon Bar, remitulle un comunicado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que lle transmitiu a solidariedade deste país polo "terrible incendio" que asulagou as Fragas do Eume.

None

 

Nesa mesma misiva, o representante israelí brindaba a "colaboración" do estado xudeu nas labores de "reforestación e recuperación" do parque natural.

 

Israel tamén sufriu o pasado ano o peor incendio da súa historia cando un rapaz de 14 anos deixou mal apagadas unhas brasas que provocaron un terrible incendio no Monte Carmelo, ao norte deste país. Entón, arderon máis de 2.000 hectáreas durante catro días,  foron desaloxadas 15.000 persoas e morreron 41 persoas. Nese lume, as autoridades israelís contaron coa colaboración do Estado español que mandou á zona catro avións.

 

Telegrama

 

Eis este telegrama remitido a Feijóo:

 

"Me dirijo a Usted para transmitirle el pesar y la solidaridad del Estado de Israel y de esta  Embajada por el terrible incendio sufrido en las Fragas del  Eume. Las imágenes devastadoras del fuego y sus consecuencias en un paraje natural tan singular nos han causado una profunda conmoción.


Me permito, asimismo, brindarle la posibilidad de cooperación por parte de Israel en las labores de reforestación y recuperación del parque natural. 


Un fuerte abrazo,


Alon Bar"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 88 comentarios

2 Xoel

Ben por Israel. Agradézolle de corazón a súa solidariedade con Galiza a pesar deses que se poñen coma a nena do Exorcista ante todo o que cheire a xudeu, e que tanto recordan a certos alemáns dos anos trinta. GRAZAS, ISRAEL.

1 Forasesinos

Na nosa terra non queremos que veñan a axudarnos os xenocidas de Israel, un día foron vítimas hoxe son verdugos, ademais istos non son dos da solidaridade, istos dun xeito ou doutro acaban por pasar factura, que non ha ser pequena, outra cousa é que cos elementos que temos na Xunta o obxetivo sexa outro, facer negocio puro e duro, e abofé que acertan

2 Xoel

En Gaza a poboación aumentou de 731.000 (en 1994) a 1.324.991 (en 2004). Segundo a ONU, o total da poboación palestina nos territorios en disputa era de 1.094.000 en 1970; e medrou a 2.152.000 en 1990. Polo visto, son uns xenocidas certamente inútiles estes israelís. E claro, logo van pasarnos factura pola súa axuda: o mesmo que cando lle prestaron axuda a Haití, ou a mesma factura que lles pasan aos abundantes palestinos que son atendidos en hospitales israelís (coma o Hospital "Rambam" de Haifa) porque os seus dirixentes pasan deles, atarefados como están co yihadismo islamo-terrorista.

1 andrés lópez

O que faltaba! Agora xa poden dicir que é unha conspiración xudeu-masónica! Estes israelís regan moi ben, sobre todo balas nos palestinos. E que imos dicir do que saben árbores caídas! Este telegrama indica que nos ven como 3°mundo

1 Arnulfo

Nos ven dís e que pensas que somos, se a paises como Brasil ou Sudáfica chámanlle países en vias de sdesenvolvemento que pensas que é España Galicia na actualidade con indicadores económicos moito menores. Se non temos nin capacidade para prever lumes. lamentabelmente ata isto chegamos... e o que nos queda Non é unha crise capitalismo, e que xa non te quero.