Carmela Silva acusa a Feijóo de pedir a Sánchez "o que el non fai en Galicia"

A responsable da provincia de Pontevedra ve o seu partido moi preparado para "arrebatarlle a Xunta a Feijóo e considera que as "eleccións autonómicas" poderían ser "adiantadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

A responsable da Deputación de Pontevedra (PSdeG), Carmela Silva, acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de pedir a Pedro Sánchez "o que el non fai en Galicia" cando os gobernantes galegos asisten a actos en cidades gobernadas por "forzas progresistas" e "non avisan a alcaldes que son lexitimamente elixidos".

Estas declaracións fíxoas a presidenta da Deputación para rebater as críticas vertidas sobre a visita de ministros a Galicia por parte do Goberno da Comunidade. Todo nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press este domingo.

Así mesmo, Silva tamén censurou que Feijóo "se faga a vítima cando goberna o PSOE" e "forme parte da procesión dos 'Caladiños'" cando o PP está á fronte do Goberno de España, momento no que o presidente da Xunta mantén "silencio" fronte aos "recortes, a falta de investimento en Galicia e de compromiso" coa Comunidade.

Igualmente, a presidenta da Deputación xustificou a axenda dos ministros no territorio galego e acusou a Núñez Feijóo de "mentir" ao falar dunha "débeda de 700 millóns de euros". A xuízo de Silva, "Feijóo está a enganar aos galegos" porque "non conta a verdade" xa que parte dese diñeiro "non se pode pagar ata que haxa un Executivo constituído".

Neste sentido, Carmela Silva insta ao líder do PP galego a convencer a Pablo Casado de permitir a constitución dun Goberno central e así cobrar o diñeiro que o Estado debe transferir á Comunidade e que non é posible efectuar ata que deixe de haber un Goberno en funcións.

Respecto da súa relación institucional con Feijóo, Silva asegurou que é "complicada" porque tanto o presidente como o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "convertéronse" na súa "oposición", que utiliza unha estratexia de "ataque constante" á Deputación de Pontevedra que "non lles dá resultados".

ELECCIÓNS GALEGAS

Por outra banda, a responsable da provincia de Pontevedra ve o seu partido "moi preparado" para "arrebatarlle a Xunta a Feijóo", xa que os "conservadores" están "demasiado inquietos", o que lle dá pé a pensar que as "eleccións autonómicas" poderían ser "adiantadas".

Ao seu xuízo, "as enquisas" auguran "malos resultados" para o PP, un partido que está "no peor momento electoral da historia de España e de Galicia" e isto pode supor un adianto na cita electoral.

Para estas próximas eleccións das que falou, a presidenta da Deputación considerou que o PSdeG é "unha máquina" e que Galicia "necesita urxentemente un cambio", xa que os populares "non ten ideas nin proxecto de futuro".

Ademais, aludiu ao seu goberno provincial en coalición co BNG, que define como "exemplar" e un "modelo", porque son "partidos diferentes con proxectos diferentes" pero que teñen "claro" que se dedican a "mellorar a vida á xente". Así, apuntou que unha das súas prioridades é "loitar contra a violencia de xénero" e avanzou que tomará "medidas valentes" contra a trata e a prostitución.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O conto da leiteira, o que non comprendo é como o BNG traga con estas "historias" ! https://twitter.com/GamelaNova/stat...