Abre o prazo de axudas á contratación de xestores para impulsar a internacionalización de empresas

Estes apoios pódense pedir ata o próximo 29 de novembro e contan cun orzamento dun millón de euros para contratar a 50 mozos e mozas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Xunta informou este luns da apertura do prazo de solicitude das axudas dirixidas as empresas e organismos empresariais (clústers, asociacións, consellos reguladores, centros tecnolóxicos ou de apoio á innovación tecnolóxica, entre outros) para a contratación de xestores de comercio exterior para o desenvolvemento de proxectos de internacionalización.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou convocatoria destes apoios, que se poden pedir ata o próximo 29 de novembro e que contan cun orzamento dun millón de euros para contratar a 50 mozos e mozas, e, como novidade este ano, tamén a maiores de 45 anos en situación de desemprego que conten con experiencia neste campo.

O obxectivo deste programa da Consellería de Economía é impulsar a internacionalización das empresas galegas e, ao mesmo tempo, facilitar a incorporación ao mercado laboral de profesionais neste ámbito. Deste xeito, a iniciativa busca facilitar ás pemes galegas o acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para contratar a profesionais con formación en internacionalización empresarial.

As axudas poden cubrir o 70% do salario neto por un máximo de 15 meses ou o 80% do salario neto no caso da contratación de persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Admitirase a posibilidade de contratación de ata dous xestores por empresa.

Emprendemento.
Emprendemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta