José Manuel Barreiro demandará ao Goberno unha solución "urxente" para Alcoa: "Non ten escusas para non facelo"

O senador popular lucense, defendeu que se trata dunha situación "inaudita", xa que o peche de 32 cubas de electrolise "nunca se produciu", salvo cando o "Casón".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2019 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O senador popular lucense, José Manuel Barreiro, demandará no Senado ao Goberno en funcións unha solución "urxente" para a planta de Alcoa de San Cibrao, no concello lugués de Cervo, e sinalou que o Executivo de Pedro Sánchez "non ten escusas para non facelo".

Neste sentido, o popular presentou ante a Cámara Alta unha interpelación sobre este asunto "preocupado" e "alarmado" pola "falta de reacción" do Goberno ante a redución na produción da factoría, "que pode levar o inicio de despedimentos a non moi longo prazo".

Barreiro, nun comunicado, defendeu que se trata dunha situación "inaudita", xa que o peche de 32 cubas de electrolise "nunca se produciu", salvo na ocasión do Casón. Por este motivo, pediu aos dirixentes que emprendan as xestións necesarias para aprobar o estatuto das empresas electrointensivas "para frear o que pode ser nun futuro non moi afastado o peche da fábrica".

Así, o senador do PP considera que o Executivo de Pedro Sánchez "non ten escusas para non facelo" xa que, aínda que está en funcións, podería aprobalo a través dun Real Decreto que, posteriormente, ratificaría o Consello de Ministros.

Por iso, o senador lucense defendeu que "non existe" ningún impedimento para "dar luz verde" ao documento que paliaría, ao seu xuízo, a "grave" situación que atravesa Alcoa, xa que ata agora, ademais de non recibir aos afectados, "Pedro Sánchez incumpriu os seus compromisos e tamén os prazos que el mesmo fixou".

José Manuel Barreiro sinalou que é "imprescindible" concretar unha data para a aprobación do estatuto, porque sen un marco normativo e un prezo estable "non hai futuro nin para Alcoa nin para o resto de empresas grandes consumidoras".

"O prezo da electricidade en España é moi caro, un 50% máis que en Alemaña ou Francia, polo que a factura eléctrica supón o 41% do gasto de Alcoa, nun momento no que o prezo do aluminio no mercado está baixo", indicaron desde o PP.

O senador do PP, José Manuel Barreiro.. EUROPA PRESS - Arquivo
O senador do PP, José Manuel Barreiro.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Erxedo

Hipocresía nivel Deus dun dos mellores exemplares de lambecús españoleiro deste país. Electricidade cara? Fala o PP mantido afillados de Barrié de la Maza, Fenosa (unión mafiosa)... Galicia, comunidad gastronómica española, "territorio" celtiña, galegos coma ti (foto do narcopresi na Coz a Galicia co seu fillo nun parque horas logo dunha enquisa onde perde a maioría...).