Afectados en Santiago por danos ocasionados por xabaríns piden accións ante o inicio da tempada de caza

"Hai que ter en conta que o labor de caza e prevención que se faga nas próximas 4 semanas previas á colleita, serán fundamentais para evitar altos niveis de danos" din desde Unións Agrarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Veciños das parroquias de San Xoan de Data e Santa Cristina de Data, pertencentes ao rural do Concello de Santiago, están estes días "sufrindo a visita de mandas de xabaríns" que danan os seus cultivos, polo que reclaman actuacións que eviten esta situación ante o inicio da tempada de caza.

Unións Agrarias trasladou esta situación á Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña, co obxectivo de que informe aos responsables do Tecor de Santiago para que "programen e coordinen medidas preventivas e de control inmediatas".

Xa que o vindeiro domingo 24 de agosto comeza a tempada hábil de caza do xabaril, o Tecor "xa podería despregar accións de caza, orientadas á prevención de danos, que permitan afastar ás mandas de xabaril das zonas cultivadas, e abater aos animais máis problemáticos nas zonas de maior risco", destacou UU.AA..

"Hai que ter en conta que o labor de caza e prevención que se faga nas próximas 4 semanas previas á colleita, serán fundamentais para evitar altos niveis de danos, xa que o risco increméntase a medida que a espiga vai madurando e resulta máis apetecible para estes animais, que non teñen suficiente alimento no monte polas altas densidades de poboación", recolle a entidade nun comunicado.

Xabarín
Xabarín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta