Animalistas rexeitan o uso de "herbicidas tóxicos" na Coruña e instan a buscar "alternativas"

A Asociación Animalista Libera asegura que un dos puntos de alerta se atopa "nas colonias felinas, onde os animais poderían inxerir de forma accidental" estes herbicidas.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/08/2019 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera rexeitou o posible uso de "herbicidas tóxicos, como o glifosato" nas rúas da Coruña argumentando, entre outras cuestións, "o seu potencial perigo para os animais, tanto de familia como os silvestres".

Nun comunicado, afirman que "outro dos puntos de alerta se atopa nas colonias felinas, onde os animais poderían inxerir de forma accidental as herbas asperxidas con este produto daniño".

Por iso, instan o concello coruñés "a estudar outras alternativas antes de provocar unha volta dunha serie de produtos herbicidas vetados en 2015", sinala tras a chegada ao goberno local de Marea Atlántica.

Mentres, apunta que cidades como Nantes (Francia) ou Vitoria, no País Vasco, "pon en valor as malas herbas a través dunha verdadeira estratexia de infraestruturas verdes que evita o uso de produtos nocivos para o medio natural e a fauna".

Uso de herbicidas en espazos públicos
Uso de herbicidas en espazos públicos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta