Máis de dous millóns de euros para proxectos galegos que busquen a súa modernización e dixitalización

Os programas serán apoiados nun 30 por cento no caso das pequenas empresas e nun 20 por cento para as medianas compañías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Un total de 132 proxectos contarán con preto de 2,3 millóns de euros para facilitar a súa modernización e proceso de dixitalización a través de axudas para a adquisición de equipos de software de pemes, iniciativas individuais e grupales.

Así o informou a Xunta este xoves nun comunicado, no que explicou que esta partida está cofinanciada xunto co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e ten como "obxectivo primordial" mellorar o traballo das pemes nos "mercados rexionais, nacionais e internacionais" ao facilitar o seu financiamento tecnolóxico e o acceso a servizos dixitais avanzados.

Desta maneira, os programas serán apoiados nun 30 por cento no caso das pequenas empresas e nun 20 por cento para as medianas compañías. Con esta achega o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) pretende "mellorar a competitividade e a modernización" das mesmas a través da "interconexión dixital" das entidades dedicadas a esta actividade.

Por outra banda, o plan para desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia destinará un total de 350 millóns de euros en catro anos para "anticiparse aos cambios, aumentar o tamaño das empresas, favorecer o talento dixital e a reinvención da industria".

Con estas palabras, a Xunta tamén explicou que a través desta partida impulsarase o tecido empresarial coa creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns entre 2019 e 2022.

Ordenador portátil.
Ordenador portátil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta