O PPdeG acusa de "cinismo" a Pedro Sánchez por tentar "pechar as térmicas antes que ninguén"

Reivindica as obras de rehabilitación de 22 centros educativos en vacacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O viceportavoz do PPdeG no Parlamento, Miguel Tellado, acusou de "cinismo político" ao presidente do Goberno en funcións, o socialista Pedro Sánchez, por tentar "pechar as centrais térmicas antes que ninguén á vez que permite que entre electricidade máis barata" e sen controis sobre a súa produción procedente de lugares como Marrocos.

En rolda de prensa, Tellado mostrou a "preocupación" do seu partido pola "incerteza" que se vive en toda a comarca das Pontes e Ferrol debido á paralización da actividade de Endesa nas Pontes desde fai uns catro meses. Ante "consecuencias irreparables" que afectan a "case 750 familias", o tamén número dous dos populares galegos criticou a política enerxética do Goberno socialista, que "non está a facer nada amparándose na súa situación en funcións", ao seu xuízo, nin ante esta nin ante outra problemática como a das industrias electrointensivas.

En concreto para a planta de Endesa, o PP galego propón o establecemento dunha exención das medidas fiscais que lle afectan, retribucións específicas no caso de que se utilice a biomasa, a eliminación do céntimo verde e abordar os mecanismos de compensación por emisión de CO2, enumerou.

SUPERÁVIT

Por outra banda, Miguel Tellado tamén aproveitou a súa comparecencia para reivindicar as obras de rehabilitación "integral" en 22 centros educativos de Galicia. Respecto diso, lembrou que 21,4 millóns de euros foron "incorporados" con cargo ao superávit autonómico, e concluíu que un goberno "serio" e a estabilidade política "ten resultados" como este, pois a "boa xestión permite investir nos cidadáns".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa na sede do partido. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa na sede do partido. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta