A CIG califica de "trampa mortal en caso de emerxencia" a un edificio administrativo da Xunta en Ourense

O sindicato denuncia que o centro da xefatura territorial da consellería de Medio Rural na cidade ten "graves deficiencias en materia de seguridade e saúde".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denuncia que o centro da xefatura territorial da consellería de Medio Rural en Ourense, dependente da Xunta de Galicia, presenta "graves deficiencias en materia de seguridade e saúde".

A CIG indica nun comunicado de prensa que dita sede, situada na rúa Florentino Cuevillas, "ten a saída de emerxencia pechada con reixas, os corredores cheos de obstáculos, ausencia de xanelas ao exterior e falta de información de protocolos para a evacuación". Dita situación provocou que a organización sindical tache ao edificio de "trampa mortal en caso de emerxencia" para os máis de 130 empregados que traballan nel.

Na mesma nota de prensa sinalan que os traballadores deste centro "refiren sintomatología asociada ao seu lugar de traballo", por mor de "unha ventilación deficiente, ausencia de luz natural, falta de espazo, sucidade e filtracións de auga periódicas".

Desta forma, a CIG Autonómica esixe ao xefe territorial e ao servizo de riscos laborais que emenden a situación e recriminan ao Executivo que "estas oficinas nunca se terían que situar neste baixo, que realmente parece un garaxe".

Unha rolda da prensa da CIG denunciando a precariedade do colectivo de enfermeiras de Vigo.
Unha rolda da prensa da CIG denunciando a precariedade do colectivo de enfermeiras de Vigo. | Fonte: PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta