Por Galicia Confidencial | Madrid | 16/04/2012 | Actualizada ás 23:54
Primeiro foi José Blanco, logo Elena Salgado e, agora, o Tribunal Supremo tamén chama a declarar a outra das máximas colaboradoras do ex ministro durante o último goberno de Zapatero, Leire Pajín, para que esclareza os contactos que tivo con Dorribo pola trama dos medicamentos de Nupel.
Será o vindeiro 25 de abril cando a ex ministra compareza en calidade de testemuña pero o alto tribunal, ao igual que aconteceu con Elena Salgado, tamén lle dá a oportunidade de evitar a comparecencia declarando por escrito. As dúas políticas acuden como testemuñas, non como imputadas.
Posible trato de favor
Canda a Pajín tamén foron chamados a declarar outros ex altos cargos do seu ministerio para coñecer as reunións e contactos que mantiveron con Dorribo ou outros responsables da súa empresa, Nupel, en relación con posible trato de favor por intermediación do exministro socialista
Entre estes ex altos cargos está o exdirector xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios, Alfonso Jiménez Palacios; a directora da Axencia do Medicamento, Belén Crespo-Sánchez; o Xefe do Departamento de Medicamentos de Uso Humano, César Hernández García; o técnico da División de Xestión de Procedementos desta axencia, Ana Viñas del Castillo e a subdirectora xeral de Calidade de Medicamentos e Produtos Sanitarios do Ministerio María Dores Vaqueiro García.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.