A Xunta inviste máis de 700.000 euros na mellora das escolas infantís e puntos de atención á infancia

Serán "subvencionables", tal e como afirma a Xunta, tanto as obras "menores" de adecuación como as "novas construcións" que non necesiten de proxecto técnico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2019 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Xunta destinará 712.000 euros a axudas para a mellora das infraestruturas en escolas infantís de menores de entre 0 e 3 anos, así como os puntos de atención á infancia (PAI).
Diso informou o Goberno galego a través dun comunicado, este sábado, no que sinala a apertura do prazo para a presentación de solicitudes. A convocatoria permanecerá activa ata o 23 de setembro.

Así, con este importe serán "subvencionables", tal e como afirma a Xunta, tanto as obras "menores" de adecuación como as "novas construcións" que non necesiten de proxecto técnico. "Entran dentro desta orde a adquisición de equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior, así como didáctico e de xogo", indicou.

Conforme a isto, as contías para as actuacións destinadas á realización de obras roldan un mínimo de 10.000 euros por centro e un máximo de 20.000 euros. Pola súa banda, aquelas accións destinadas a equipamentos e novas tecnoloxías nas aulas supoñen un importe mínimo de 5.000 euros e máxima de 15.000 euros.

Neno pintando
Neno pintando | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antoine

Públicas? Cartos e promoción das Privadas?