A mineira de Touro engana aos seus socios?

Atalaya Mining, a empresa detrás de Cobre San Rafael S.L., e que pretende reabrir a mina de O Pino-Touro, está pasando por un momento delicado no mercado de valores. A mesma compañía comunicou que a situación non é preocupante e que en Galicia a espera para os permisos de explotación, competencia do Goberno galego, estarían atrasando a apertura da mina de cobre.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Atalaya Mining, a compañía mineira con sede en Chipre, propietaria en parte de Cobre San Rafael, empresa con dereitos de explotación sobre a mina de O Pino-Touro, parece non estar pasando por un bo momento de cotización dentro dos mercados financeiros. Así parece deducirse dos diferentes datos que van aportando algunhas das prazas ou bolsas de valores arredor do mundo.

Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo
Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo

Algúns foros económicos apuntan a falta de claridade sobre as operacións da mineira. Un exemplo sería un documento de quince páxinas, mencionado mais non subido, e publicitado aínda na web da compañía. O documento en cuestión mencionaría a exitosa ampliación en Río Tinto, Huelva, mentres que a extracción de cobre en Galicia comezaría a partir de 2022, un ano máis tarde do previsto, debido aos atrasos para a concesión das lienzas de explotación, tal como aparece dito no foro de .advfn.com. :  “e agora prognosticamos que o Proyecto Touro arrancará sobre o principio de 2022, 12 meses máis tarde que a nosa previsión anterior, por mor de demoras cos permisos do proceso”.

FALTA DE CONRECIÓN

Os diferentes procesos para ter os permisos de explotación por parte de Cobre San Rafael S.L., en Touro, acabaron batendo con diferentes atrancos no camiño. Un dos máis sonados foi o informe de El Defensor del Pueblo onde cuestionaba a actuación da administración e das empresas implicadas. Así, sinalaba que a ampliación dos terreos para seren explotados “levaría de maneira necesaria a modificación da concesión e non unha simple modificación do proxecto”.

Iso por unha parte, porque o informe do departamento que dirixe Fernández Marugán, indicaba daquela que a “Consellería de Economía non enviou ao Defensor del Pueblo a documentación que acredite os actos administrativos ditados para modificar o obxecto do aproveitamento (da mina), e tampouco explica o que ocorreu entre a finalización da actividade da explotación de cobre en 1987 e o comezo da actividade do aproveitamento do entullo remanente”.

Desta maneira, entre outras conclusións, o Defensor del Pueblo destaca que “a Administración actuou de maneira deficiente, ben porque non declarou a caducidade da explotación, se os traballos foron interrompidos nun prazo de tempo superior ao que estaba autorizado, ou ben por non sancionar o titular da explotación por non presentar planos de labores anualmente (e por non ter declarado a caducidade en caso de reincidencia), se a explotación estivo en funcionamento”.

COTIZACIÓN

A cuestión é que desde os mercados, sobre todo durante o mes de agosto de 2019, non parece haber moita confianza en proxectos relacionados con Atalaya Mining e as súas filiais ou socios de minería. Sarcasticamente, dentro dos foros relacionados cos investimentos dentro da compañía, algúns investidores apuntan como mellor opción inxectar diñeiro en prata e ouro se se quere tirar rendemento da actividade mineira. Por que existe unha caída do valor das accións nos mercados e agora se menciona un documento ao que é difícil acceder?

Sobre a existencia de dito documento “é unha operación de maquillaxe porque, Río Tinto está parado e, por outra parte, Touro leva xa dous anos de atraso sobre as datas que tiñan previstas para abrir a actividade. Se se abre a web de Atalaya, o CEO, Lavandeira, di que Touro xa está para aprobarse, que non hai problemas coa administración” din desde a Plataforma Mina O Pino-Touro Non.

O caso é que operacións como esta, a de emitir informes ou documentos apuntando unha boa situación empresarial cando os mercados din o contrario, son habituais para evitar a fuxida de investidores diante de situacións de inestabilidade. “Dentro do informe que presentaron agora, din que ata o 2022 precisan facer certas correccións para o proxecto de O Pino-Touro, que ata ese ano non comecen as actividades e iso significa presentar un novo proxecto” sinalan desde a Plataforma. As fluctuacións do valor sobre as accións de Atalaya Mining foron caendo por debaixo de 200 puntos, cando a súa posición era superior a ese valor hai dúas semanas.


A Plataforma contraria á apertura da mina en Touro e O Pino sinala que non houbo contacto coa empresa nin co seu director, Alberto Lavandeira. Coa Xunta de Galicia “non respondeu a ningún dos documentos e informes que lles presentamos”. “Hai moitos informes que temos presentados que aínda non foron presentados á Dirección Xeral de Calidade Medioambiental, e a empresa non respondeu a ningunha das nosas alegacións, ten a obriga de responder, mesmo a todos os informes sectoriais, tampouco ás alegacións dos corenta e dous concellos que lles enviaron os seus documentos nin ás dúas deputacións que tamén enviaron documentos e alegacións”.

Galicia Confidencial púxose en contacto coa Consellería de Economía e Industria, preguntando sobre a actual situación da mina en O Pino-Touro, ademais de que, de ser certo, Atalaya Mining estaría usando como “escudo” a Xunta de Galicia ante as especulacións sobre a súa apertura. Tamén houbo contacto con Atalaya Mining en España, que remitiu a pornos en contacto coa axencia que leva os contactos da compañía en Londres. Con todo, din que Atalaya é socio de Cobre San Rafael, sociedade promotora do proxecto Touro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta