As reservas dos grupos sanguíneos 0-, 0+ e A+ presentan niveis baixos en Galicia

ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), Cero negativo (0-) e A positivo (A+) presentan nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) se atopan normais, segundo a información facilitada este mércores pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, este luns, 2 de setembro, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Pontedeume --Alameda de Raxoi--, A Coruña --zona Catro Camiños--, Oza dos Ríos --diante da farmacia--, Santiago --Praza Vermella-- e A Baña --fronte ao centro de saúde--.

Tamén o luns haberá unidades móbiles na cidade de Lugo --barrio da Milagrosa-- e nas localidades ourensás de Coles --á beira do centro de saúde-- e A Peroxa --xunto ao antigo local da Cruz Vermella--.

Así mesmo, o luns 2 de setembro ADOS enviará unidades móbiles aos concellos pontevedreses de Pontecesures --plazuela xunto á igrexa--, Vigo --zona As Travesas-- e Santa María de Oia --diante do Consistorio--.

Doazón de sangue na área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA
Doazón de sangue na área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta