Galicia gaña 12.391 habitantes en 2018 grazas ás migracións

Por outra banda, 11.168 habitantes galegos mudáronse a outros países, mentres que outros 19.198 emigraron a outras comunidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2019 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Galicia gañou 12.391 habitantes no ano 2018 debido aos movementos migratorios, que por terceiro ano consecutivo volven deixar un balance positivo. Estas cifras foron publicadas este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu informe anual sobre os movementos migratorios, dos que informou tamén a Xunta nun comunicado.

En concreto, a Galicia chegaron 42.757 inmigrantes --tanto do resto de España como do estranxeiro-- e mudáronse a outros territorios un total de 30.366 persoas.

Desta maneira, os resultados do saldo migratorio, é dicir, a diferenza entre as entradas e saídas de habitantes, é positivo por terceiro ano consecutivo e aumentou un 85 por cento con respecto a 2017. Durante o exercicio de 2017, o IGE cifra que 30.249 persoas emigraron mentres que a Galicia chegaron 36.932, un 16 por cento menos de chegadas que en 2018.

En total, segundo os datos que se dispoñen do exercicio completado, 24.183 persoas estranxeiras e 18.574 españolas pasaron a residir en Galicia. Por outra banda, 11.168 habitantes galegos mudáronse a outros países, mentres que outros 19.198 emigraron a outras comunidades.

En canto á distribución provincial, as catros circunscricións anotaron saldos migratorios positivos. A Coruña gañou 6.155 habitantes; Pontevedra, 3.319; e as provincias orientais, Lugo e Ourense gañaron 1.209 e 1.708 respectivamente.

Diferencia saldo migratorio Galicia 2017-2018. IGE
Diferencia saldo migratorio Galicia 2017-2018. IGE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta