Abel Caballero: "Gustariame repetir como presidente da FEMP, pero teno que decidir o PSOE"

Por E.P. | VIGO | 03/09/2019 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia



O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, reiterou este martes a súa disposición a repetir como presidente do órgano municipalista, aínda que precisou que a decisión é do seu partido.

Nunha rolda de prensa, e a preguntas dos medios, Caballero afirmou que lle "gustaría" seguir á fronte da FEMP, como xa manifestara a mesma noite electoral do pasado 26 de maio, na que se converteu no alcalde máis votado das grandes cidades de España (cun 67,6 por cento de apoios e 20 concelleiros dos 27 posibles).

"Gustaríame (repetir), pero iso decídeo o PSOE, que ten que designar a unha persoa candidata. Eu respectarei a decisión", lembrou, á vez que afirmou que o seu partido "aínda non decidiu" respecto diso, e dita decisión "non foi tratada" na reunión da Executiva celebrada esta semana.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrará o seu próximo Pleno, máximo órgano de goberno, o día 21 de septiempre en Madrid coa mirada posta na renovación das competencias e o financiamento.

No Pleno, do que forman parte todos os socios da federación e que se reúne cada catro anos (tras as eleccións municipais e a constitución dos concellos), marcaranse as liñas de traballo do mandato 2019-2023 e elixirase aos membros dos órganos de goberno para esta etapa.

Nesa sesión reuniranse as Comisións (catro en total) que debaterán as resolucións propostas pola FEMP, achegarán as súas emendas e, finalmente, darán a súa aprobación ás que serán as liñas mestras do próximos catro anos de traballo da Federación.

Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Vigo estase a converter en Túnez? Entre Abel Caballero e Carmela Silva a democracia é secuestrada permanentemente! Morte Anunciada !!! https://elpais.com/sociedad/2019/09...

2 Gamela

Os que o padecen dín que é unha mala persoa! https://youtu.be/NTY6OetF0Gs

1 Gamela

canta falsa humildade, para un home caudillista e prepotente (a súa maioría absolutísima vainos sair moi cara!) pero sen dúbida é un bo exemplo das "políticas socialistas" (?) http://gamela00.blogspot.com/p/feli...