A rede galega de apoio aos refuxiados convoca en Santiago un 'Círculo de Silencio'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2019 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca este xoves en Santiago de Compostela un 'Círculo de Silencio' para "lembrar e denunciar as mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos países da Unión Europea".

Segundo informan nun comunicado, dentro desta actividade, que se repite noutras cidades a nivel nacional e internacional, contarán coa presenza do Pai Agrelo, franciscano galego que foi arcebispo de Tánxer.

O acto, que quere tamén denunciar a "persecución da ONG que salvan vidas no Mediterráneo", terá lugar a partir das 20,00 horas na Praza de Cervantes.

Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni
Unha nai sostén o seu fillo tras unha tormenta que arrasou o campo de refuxiados de Idomeni | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta