Temas: OURENSE CINEMA

O cineasta Xavier Bermúdez apréndelles o seu traballo a presos de Pereiro de Aguiar

O realizador de orixe galega Oliver Laxe impartirá un taller no que desvelará como foi o proceso creativo e de produción de 'O que arde'.

Por E.P. | OURENSE | 04/09/2019 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

Os talleres do Festival de Cinema Internacional de Ourense (OUFF) arrincan este xoves, 5 de setembro, coa formación que o cineasta Xavier Bermúdez impartirá aos reclusos do Centro Penal Pereiro de Aguiar. Este será o primeiro dos talleres incluídos no Festival, que durante os días do certame, do 27 de setembro ao 5 de outubro, acollerá sesións con Oliver Laxe e Alberte Pagán.

A do xoves será a segunda vez que Bermúdez visite o centro penal no marco do OUFF. Na última edición do festival, o cineasta, que foi galardoado coa Calpurnia de Honra pola súa traxectoria artística, asistiu á proxección no cárcere dunha das súas películas máis memorables, 'León e Esquecemento' (2004).

Pola súa banda, o realizador de orixe galega Oliver Laxe impartirá un taller no que desvelará como foi o proceso creativo e de produción de 'O que arde'. A cita terá lugar o 30 de setembro e 1 de outubro.

Por último, o director ourensán Alberte Pagán tomará como base a súa propia experiencia como cineasta para tentar explicar que é o cinema en talleres que terán lugar os días 28 e 29 de setembro.

Cinema. Foto: ConC de Comunicación
Cinema. Foto: ConC de Comunicación

Temas: OURENSE CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta