Comprimiso do Concello da Coruña para axilizar o prazo de concesión das licenzas urbanísticas

Segundo informa o Consistorio, nun encontro con empresarios da construcción apostouse por incrementar o investimento público en infraestruturas necesarias para a cidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/09/2019 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O goberno local da Coruña comprometeuse a axilizar o prazo de concesión de licenzas urbanísticas, nun encontro celebrado coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción (Apecco).

O encontro contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey; o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e o presidente de Apecco, Diego Vázquez Reino.

Segundo informa o Consistorio, no encontro apostouse por incrementar o investimento público en infraestruturas necesarias para a cidade.

Ademais, Villoslada trasladou aos empresarios que se reforzaron os equipos que traballan na tramitación de licenzas urbanísticas para axilizar o prazo de concesión, que, segundo o actual equipo de goberno, sofre "un certo atraso".

Reunión da alcaldesa, Inés Reyt, con Apecco. CONCELLO DA CORUÑA
Reunión da alcaldesa, Inés Reyt, con Apecco. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta