Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/09/2019 | Actualizada ás 19:17
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha concentración, baixo o lema 'Liberdade para o galego', o próximo mércores, día 11, para denunciar a "exclusión" da lingua galega nos Premios Arquímedes do Ministerio de Educación.
A concentración celebrarase ás 12,00 horas ante a Delegación do Goberno, para denunciar que o Ministerio "nega o mínimo recoñecemento do galego ao excluír dos Premios Arquímedes os traballos de fin de grao que fosen presentados en calquera lingua oficial do Estado diferente do castelán".
"De tal maneira que un traballo de final de grao en lingua galega que merecese a puntuación de sobresaínte quedaría automaticamente excluído dun premio dotado con ata 7.000 euros, sen chegar a ser valorada a súa calidade", denuncia Marcos Maceira, presidente da Mesa.
"Esta situación", lembra Maceira, "engádese a casos anteriores de denegación de bolsas de estudos por achegar certificados de estudos en galego". "O Ministerio nega, deste xeito, a liberdade de utilizar o galego nos traballos científicos", apostila.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.