Temas: NAVANTIA NAVAL FP

Queres optar a 127 postos de traballo de Navantia na ría de Ferrol?

Será necesario facelo a través da páxina web, onde 42 prazas son para titulados universitarios e 85 para FP ou Bacharel

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 09/09/2019 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia abre este luns, 9 de setembro, o prazo de inscrición para apuntarse ao proceso de selección de novo persoal. Para poder participar no mesmo será necesario facelo a través da páxina web, que recolle toda a documentación que será necesario presentar e os requisitos.

Neste primeiro proceso está previsto cubrir 42 prazas nas áreas de enxeñaría, produción, enxeñaría de produción e planificación, compras, planificación, calidade, mantemento e servizos. Para poder participar é necesario dispor dun grao ou máster, contabilizando tamén a experiencia laboral e tendo que dispor dun nivel B2 ou superior en inglés.

O prazo presentación da solicitude finalizará o 20 de setembro, e está prevista despois a publicación da lista de admitidos, ademais de informar da data e o lugar onde se realizarán as diferentes probas e a entrevista persoal.

En canto ás 85 prazas restantes, tamén será necesario estar en posesión da titulación ou certificación académica da especialidade á que se opte, sendo posible con FP grao superior, medio ou bacharel, valorando tamén a experiencia. Neste caso, o último día para inscribirse, tamén a través da mesma páxina web, é o 27 de setembro.

Entre os postos ofertados están os de axustador-montador, electricista, fresador-mandrinador, armador e manobra, pintor, delineante, técnico de oficina, carpinteiro de gálibos, técnico de laboratorio, técnico de organización, inspector de materiais, verificador e administrativo.

Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo
Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo

Temas: NAVANTIA NAVAL FP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta