Aprazado por un acordo entre as partes o xuízo contra a acusada de apuñalar a dúas persoas en Ribeira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O xuízo contra a muller acusada apuñalar a dúas persoas nun bar de Ribeira en agosto de 2018 cun coitelo de cociña foi aprazado debido á petición acordada entre a Fiscalía e a defensa para "dar un tempo" a establecer "a indemnización que se pide".

O Ministerio Fiscal presentou a solicitude ante o xuíz este mércores na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, onde ía ser xulgada M.V.M por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa, outro por lesións e un terceiro delito continuado de atentado, polos que a acusación pedía 14 anos e medios de prisión.

Así mesmo, a Fiscalía pedía para a procesada a indemnización de 6.000 euros a unha das vítimas e de 2.000 á outra. Con esta petición, a defensa e a acusación pactarán unha nova contía para asegurar a reparación do dano causado.

Pola súa banda, o xuíz deu un prazo dun mes para que este acordo de vontades se produza e así lograr convir unha indemnización. Mentres tanto, a procesada seguirá baixo a condición de prisión provisional polos presuntos delitos cometidos.

Xulgados.
Xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta