O traslado dos xulgados de Pontevedra á nova sede da Parda será en outubro

Os primeiros en instalarse na Parda serán o tres xulgados do Contencioso-Administrativo. Tras iso, será a quenda do catro do Social, os dous de Mercantil e o cinco de Primeira Instancia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O traslado dos xulgados de Pontevedra á nova sede da Parda comezará o próximo mes de outubro unha vez dispóñase da licenza de actividade, que foi solicitada a semana pasada. Diso informa o Goberno galego a través dun comunicado no que sinala que xa se iniciou a instalación do mobiliario e do sistema de gravación nas salas de vistas do novo edificio xudicial, inaugurado a pasada semana polo presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores.

Así, a Xunta prevé que a mudanza dos tribunais unipersonais arranque a mediados do mes de outubro cunha media de dous xulgados trasladados por semana co obxectivo de que o complexo entre en funcionamento antes de que conclúa o ano 2019.

Deste xeito, os primeiros en instalarse na Parda serán o tres xulgados do Contencioso-Administrativo. Tras iso, será a quenda do catro do Social, os dous de Mercantil e o cinco de Primeira Instancia. O traslado do rexistro civil e do servizo de notificacións pecharán os traballos.

O novo Edificio Xudicial da Parda dota á cidade do Lérez de 23.000 metros cadrados máis para solucionar os actuais problemas de falta de espazo das unidades xudiciais da capital da provincia.

Esta nova infraestrutura supuxo un investimento de máis de 21 millóns de euros. A planta baixa e a primeira deste edificio de seis pisos albergarán o rexistro civil, as 16 salas de vistas, os despachos para avogados, procuradores e traballadores sociais ou o servizo común de actos de comunicación.

No resto de plantas situaranse os xulgados, con capacidade para 28, aínda que inicialmente estarán activos 14 (cinco de primeira instancia, dous mercantís, catro do social e tres do contencioso administrativo). Ademais conta con dous pisos de soto cun aparcadoiro para os traballadores e con zona para arquivos, entre outras dependencias.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugura o novo edificio xudicial da Parda.. XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugura o novo edificio xudicial da Parda.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta