Medio Rural non contabilizou máis de 200 hectáreas queimadas no incendio de Monforte

Un informe da Policía aumenta a 706 hectáreas a superficie afectada polo lume que nun primeiro momento Medio Rural só contabilizara 465.

Por Europa Press / Redacción | Monforte | 12/09/2019 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A Policía Nacional conclúe que o recente incendio en Monforte de Lemos , que obrigou a desaloxar vivendas, orixinouse nunha leira da parroquia de Baamorto, no lugar de Cinsa, na que "se estaban realizando labores agrícolas momentos antes" do inicio do lume, que despois se propagou a zona boscosa.

A Policía investiga no incendio de Monforte de verán de 2019. POLICÍA NACIONAL
A Policía investiga no incendio de Monforte de verán de 2019. POLICÍA NACIONAL

Ademais, nun comunicado, a Policía eleva a superficie arrasada neste lume a 706 hectáreas, fronte ás 465 hectáreas das que informou a Xunta tras a súa extinción o pasado 9 de setembro.

Cos datos achegados este mércores, o de Lemos convértese no segundo gran incendio forestal do ano, ao superar as 500 hectáreas, xa que o anterior tivo lugar en Rianxo e Dodro na primavera.

Sobre a investigación, sinala que o Grupo Local de Policía Xudicial da comisaría de Monforte tomou declaración nos últimos días a varias persoas relacionadas co incendio.

ANÁLISE CIENTÍFICA

Así, a policía científica fixo unha inspección ocular no terreo susceptible de ser a orixe de incendio, coa toma de vestixios pendentes da súa análise. Agora estase á espera da Unidade Central de Análise Científica "co que se poderá establecer se se tratou dunha imprudencia ou intencionado".

De tal forma, a investigación por parte da comisaría de Monforte segue aberta. O ateigado foi remitido ao xulgado de instrución en funcións de garda número uno de Lemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta