Ramón Grosfoguel, sociólogo: "Beiras subordinou a esquerda nacionalista galega á esquerda españolista"

O sociólogo da Universidade de California en Berkeley acusa ao fundador de Anova de organizar un proxecto "fracasado" con En Marea que "asumiu, lamentablemente, posicións moi colonialistas", supeditándose aos ditames de Podemos.

Por Galicia Confidencial | California | 13/09/2019 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Ramón Grosfoguel (Puerto Rico, 1956) é un sociólogo pertencente ao Grupo modernidade/colonialidade (Grupo M/C) da Universidade de California en Berkeley. Define o seu pensamiento como pertencente á corrente decolonial, superadora da corrente poscolonial. Nunha entrevista co doutor Abraham Ramírez, do Departamento de Estudos Étnicos e do Programa de Teoría Crítica de Berkeley, Grosfoguel carga contra Xosé Manuel Beiras, Anova e En Marea pola súa "subordinación á esquerda españolista" que representa Podemos.

Ramón Grosfoguel
Ramón Grosfoguel | Fonte: Abraham Ramírez.

"Na esquerda das nacións sen Estado hai certas correntes que tenden a subordinarse dun xeito colonial á esquerda españolista. No caso de Galicia, para min a corrente que máis fortemente representa esta tendencia é Xosé Manuel Beiras", introduce o sociólogo.

Grosfoguel lembra que "Beiras fixo unha ruptura co BNG" e "tentou organizar un proxecto político propio de alianza coa esquerda españolista". Un proxecto que o sociólogo considera "fracasado", nun proceso de transformación que se iniciou con Anova, logo con Alternativa Galega de Esquerda e, finalmente, con En Marea.

O pensador portorriqueño recoñece o labor de Beiras durante anos como faro intelectual do nacionalismo galego, cando liderou o BNG, mais considera que na súa última etapa política "asumiu, lamentablemente, posicións moi colonialistas".

É por isto que Grosfoguel fala do 'beirismo" como "unha corrente ideolóxica, máis que como unha ideoloxía" que "se subordina á esquerda españolista", en referencia a Podemos.

"O 'beirismo'", prosegue, "é unha forma de subordinación colinialista á esquerda españolista". Grosfoguel xustifica esta definición no feito de que no proxecto político impulsado por Beiras, "Galicia perdeu autonomía, pensamento propio" e o "proxecto político propio de Galicia quedou subordinado á axenda política de Madrid, a axenda de Podemos".

Apunta, ademais, que foi Beiras quen "deu alento e aire" a Podemos para acadar representación política en Galicia, logo do cal, prosegue, a esquerda españolista "deu a patada a Anova e a toda esa xente que se achegou do soberanismo". Algo que quedou manifestamente probado cando "Anova quedou fóra de Unidas Podemos". Grosfoguel lembra, por exemplo, como os deputados de En Marea no Congreso, agás Alexandra Fernández (Anova), acataron as ordes de Pablo Iglesias para votar a prol duns orzamentos do Estado que prexudicaban a Galicia. O seguinte paso, recorda Grosfoguel, foi deixar "fóra" das candidaturas de En Marea a Anova para as eleccións xerais de primavera, ao ofrecerlles un "espazo indigno" no proxecto, con postos irrelevantes nas listas.

Para Grosfoguel, isto "demostra que á esquerda españolista non lle interesa a axenda de Galicia.

"BEIRISMO CON BEIRAS E BEIRISMO SEN BEIRAS"

Grosfoguel fai unha distinción entre o que é o "'beirismo' con Beiras e o 'beirismo' sen Beiras", xa que esa "subordinación colonialista á esquerda españolista existe con Beiras e existe outro sector que fai o mesmo, pero sen Beiras" e que "se subordinou dunha maneiras vergoñenta, negando a súa propia soberanía e a axenda de proxecto de país e subordinándose aos ditames de Madrid, de Unidos Podemos".

Nese sector sitúa a Luís Villares e os seus, xa que entende que "seguen sendo 'beiristas' sen Beiras" e aos que acusa de seguir subordinándose á esquerda española, neste caso buscando "negociacións co partido de Íñigo Errejón", tras a súa saída de Podemos.

Ante unha situación do 'beirismo' que cualifica de "crise terminal", Grosfoguel cre que estamos nun "momento de oportunidade para o nacionalismo galego". "Entramos nun ciclo no que o soberanismo galego ten unha grande oportunidade de crecemento e de crear un impacto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Fidel

Máis claro imposible. Beiras foi Beiras ata que Podemos e compañía parasitaron á esquerda nacionalista galega e desfixeron o BNG inzándoa de madrillegos que todos vimos en qué daban: Madrid. Seguimos sendo unha colonia pero cando menos no BNG xa non hai quintacolumnistas vendidos ó sol que máis quece e sube votos en cada convocatoria mentres os outros partidos (e máis que partidos, rotos e en extinción) caeron na nada. É bon que veña alguén de fora e abra os ollos a ises iluminados cegados polas luces da capital do madroño. Yoli, Tone e comparsa: remata a función do circo e os paiasos van ó paro antes do nadal...

4 Currelante

É bon que o diga un de fóra, salvo para os que por comodidade preferen non ver... O Beiras seguiu o camiño dos abducidos polo Ramón Piñeiro, como García Sabell (o ex sogro tan odiado), Albor, Filgueira, Casares, Alfredo Conde... E fíxoo sabendo o resultado das experiencias previas de nefasto entreguismo! Ter ídolos supremos (líderes ou lideresas) supón un enorme risco. Pois erran e levan consigo á masa obediente de ovellas dispostas a sacrificarse para seguir ao pastor iluminado. E iso pode aplicarse tanto a Anova, En Marea ou ao BNG (actual marca branca do PsoEspañol En disputa coa sucursal do PcEspañol-Podemos). Para libertar o país, o primeiro necesario é sermos libres e críticos cada un de nós con cualquera poder e amo disposto a liderar inocentes!

1 Ramirense

Para iluminado ti, profeta elexido, pontificando dende a túa pureza enxebre. Que veña iste intelectual borícua a deixarnos un claro retrato do impaís colonial no que vivimos e vas ti, oh puro galego 100%!, e botas lama nun BNG que é o único nacionalismo galego de esquerdas que aínda nos queda (máis algúns independentistas que aínda pensan que fora do parlamento galego se pode acadar algo). Volve a ver o vídeo, se o viches..., e a ver se entendes algo, após-tolo...

3 Papo pepe

Algo tan obvio que si lo dice uno del país lo fusilan directamente por ser de la malvada UPG.....esa misma que, según brutas y sus muchachos, asesinó a Viriato, Manolete y otros....

2 Xanc

Este home fala polo libro... pero seguro que é da UPG. Non si Gamela? Beiras, Gamelas e Martiños... colonialistas ou unionistas 2.0. Entendo que escoza que unha persoa con este curriculum volo diga, pero é o que pensamos moitos de fai ben tempo

1 Gamela

Máis aló do fracaso de En Marea (evidente) o que deberamos preguntarlle ao Sociólogo de Berkeley é se Galicia debera transitar da man do proxecto esgotado dunha UPG liderada dende hai 50 anos por Paco Rodríguez (?) As opinións de Grosfoguel sobre Venezuela ilustran cal sería o noso futuro dentro do proxecto Agora Repúblicas do BNG-Bildu-ERC (?) https://youtu.be/JrBzb1T_JCI Os de afora, parten leña!