O PP ve "claramente intencionados" os incendios deste sábado ao prender pola noite

Os 'populares' piden "colaboración" cidadá para esclarecelos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/09/2019 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, considera "claramente intencionados" os diversos incendios forestais que permanecen activos este sábado, maioritariamente nas provincias de Lugo e Ourense, polo que solicitou a "colaboración" cidadá para esclarecer a súa autoría.

Incendio na Gudiña
Incendio na Gudiña | Fonte: @OVoluntariadoOU en Twitter.

O número dous dos populares galegos dixo ver "evidente" a "intencionalidade" detrás destes incendios debido ás horas nas que se inician, "entre o nove da noite de onte e o nove da mañá de hoxe".

"Seguimos demandando á cidadanía colaboración plena para esclarecer a autoría deses incendios que buscan facer dano aínda arriscando a vida das persoas", reclamou, para despois agradecer a "todos" os efectivos que participan na extinción das chamas.

Neste sentido, lembrou que a Xunta abriu este ano o teléfono gratuíto 085 para que "calquera persoa que teña calquera indicio" ou "calquera información" interesante sobre a autoría dos incendios poida dar conta dela ás forzas de seguridade do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 ppeppe

Si claro é a consPPiración-PParanoica da PPiromaniaca pepeira eucalipptizadora do monte, e xente do monte do PPaisanaxe do rural PProfundo

1 anonimo

Algunha xente razona así: O PP dí que ons incendios son provocados. Logo, coma o di o PP, é mentira. Non importa que moitos incendios empecen pola noite, con varios focos, en tempo de seca e de vento. Non. Eso non importa. O que importa é que o di o PP, e, xa que logo, é mentira. A ideoloxía non deixa ver a realidade.